Axúdanos a dar “AUTO NOMIA”

Axúdanos a dar “AUTO NOMIA”

A nosa Asociación pon en marcha, xunto co Concello de Tomiño, o proxecto “AUTO NOMIA”, o cal consta da venda de 10.000 rifas para poder adquirir un transporte adaptado para facilitar a idependencia de persoas con movilidade reducida. Por este motivo necesitamos da vosa axuda, só por 1€ podes comprar unha destas rifas as cales podes encontrar no Concello de Tomiño ou na Asociación e así colaborar para que a familia de “Nel”, un usuario de Vontade afectado porla ELA, sexa a primeira en utilizar o transporte adaptado que queremos mercar.

Se che toca podes gañar un premio dun Fin de semana na Casa Fandin (Ribadeo) e produtos navideños.

Por outra parte, o proxecto contempla actividades de concienciación sobre a ELA (Esclerose lateral amiotrófica), doenza neurolóxica crónica e dexenerativa, que vai diminuíndo a mobilidade, provocando debilidade e atrofia muscular nas persoas que a padecen (varias na asociación). Están programadas, polo mesmo, charlas e outras accións de sensibilización sobre a necesidade de ampliar a investigación sobre esta doenza, sen cura até agora.

Graza a todos

Máis info en:

Infominho.com

telemarinas.com



Colaboradores