Coidando o coidador

Da man da FEGAS e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, e financiado pola Xunta de Galicia, este mes de Outubro terá lugar nas instalacións do CRD Vontade o curso “Coidando o coidador” dirixido a pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadanía en xeral.

O obxectivo desta actividade é de labor preventiva. Tentando evitar que aparezan enfermidades físicas e psicolóxicas dos familiares encargados do coidado dun enfermo, o seu illamento social, reaccións catastróficas ou conflitos familiares, incluíndo o consumo inadecuado de medicación do propio coidador.

O programa fará fincapé en catro puntos importantes. Proceso de envellecemento poblacional , as habilidades de comunicación e resolución de problemas, coidados do enfermo maior (dependente e independente) e o proceso de dolo (a despedida), entre outros.

O curso levarase a cabo o Xoves 8 de Outubro, cun horario de 16:30 a 20:30 horas. O curso é totalmente gratuíto, e as prazas son limitadas. Podes inscribirte das seguintes maneiras:

  • Mediante correo electrónico a formacion@vontade.org achegando: DNI, Nome e Apelidos, localidade, dirección, concello, código postal, Nº telefono e correo electrónico.
  • No teléfono 986623044.
  • Na propia web da xunta cubrindo o formulario oficial, dende o seguinte link http://goo.gl/TTuO8o

 

(Curso finalizado)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies