Coñécenos

voluntariadoSomos un grupo de persoas unidas cun único fin: o fomento das capacidades e loita pola integración social.

Somos Vontade, unha organización sen ánimo de lucro que nace ante as necesidades de servizos especializados das persoas con discapacidade. Defendemos os dereitos deste colectivo e procurámoslles os recursos necesarios para que fomenten a súa autonomía e autorrealización, conseguindo así a integración social plena. Pensamos que a discapacidade non é un impedimento, senón unha diversidade que afrontar de cara a unha mellor calidade de vida.

A través do noso centro, situado en Tomiño, ofrecemos formación, talleres ocupacionais, terapia ocupacional, psicoloxía, fisioterapia e traballo social para mellorar as capacidades dos usuarios, pero tamén actividades de ocio e tempo libre, nas que todos podemos saír e divertirnos.

Pertencemos a Confederación Galega de persoas con Discapacidade (COGAMI) e a Federación de Cogami Pontevedra, pero tamen traballamos en coordinación con outras entidades de ámbito social da comarca do Baixo Miño e alrededores.

Detrás de Vontade encóntranse un gran número de persoas que adican moito tempo e cariño a este proyecto, se queres porlle nome a nosa organización podes consultar a nosa información corpporativa.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies