Cursos Xaneiro-Marzo 2017

En Vontade estamos convencidos de que a formación, é a mellor estratexia para mellorar as probabilidades de incorporarse o mundo laboral actual. E por iso, comezamos o ano coa seguinte oferta formativa, o igual que nos anteriores, serán impartidos nas nosas instalacións en Tomiño, e tamén no no Centro de Formación Ocupacional de Gillarei. Os cursos son os seguintes.

O “Curso de Iniciación a Limpeza Industrial” desenrolarase entre o 16 de Xaneiro e o 03 de Febreiro. . Cun horario de 10:00 a 14:00 en Tomiño, e de 16:00 a 20:00 en Tui. O temario estará dividido en 3 unidades principais, Técnicas de limpeza (Conceptos de limpeza e hixiene, desinfección, residuos, materiais, produtos de limpeza…), Limpeza mobiliario Interior (Tipos de mobiliario e composición, Identificación dos diferentes produtos de limpeza, desinfección de mobiliario, identificación da etiquetaxe, fichas técnicas e seguridade…) e Limpeza de cristais en edificios e locais (Composición e características das distintas superficies acristaladas, tipos de suciedade habitual, preparación e mantemento da orde no lugar de traballo…).

O “Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Centros de Día” desenrolarase entre o 02 de Febreiro e o 31 de Marzo. . Cun horario de 10:00 a 14:00 en Tomiño, e de 16:00 a 20:00 en Tui. O temario percorre os principais puntos para a correcta atención dunha persoa dependente, mobilizacións, transferencias, posicionamento, atención hixiénico-alimentaria en institucións etc.

“Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER ou FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

Para mais info non dubides en contactar con nos!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies