Licenza Federativa 2016

Consegue a licenza de navegación, para patronear embarcacións de ata seis metros de eslora, sen límite de potencia, nunha soa mañá.

Coa nova regulación redúcense os prazos para a obtención do citado título, minimízase a teoría, aumentando a práctica e eliminando a proba escrita. Polo que se obtén a licenza o longo dunha soa mañá, na cal se fará unha práctica mentres o instrutor explicará as nocións básicas para o correcto manexo da embarcación.

Licenza de Navegación

 

O curso terá lugar o vindeiro 30 de Xullo, de mañá, partindo dende o Porto da Guarda. O prazo de inscrición remata o próximo 28 de Xullo, e a documentación a presentar será a seguinte:

-Fotocopia DNI

-1 fotografía tamaño carné

-Psicotécnico (*)

As persoas con discapacidade terán desconto no prezo do cusro grazas a colaboración do Club Sen Amarras e a Asociación Vontade, tendo que presentar ademais da anterior documentación unha copia do certificado de discapacidade.

A documentación terá que ser entregada no centro de Vontade. Para mais información non dubidedes en contactar con nos.

* Non será necesaria a realización do recoñecemento se o interesado acredita que obtivo ou renovou o permiso de circulación nun prazo non superior os dous anos, presentando a fotocopia do mesmo no propio centro psicotécnico, tendo que realizar so a proba de visión como marca o punto sexto da “Resolución de 11 de enero de 2010, de la Dirección General de la Marina Mercante, sobre la acreditación de la aptitud psicofísica para el manejo de embarcaciones de recreo.”

 

Guardar

Guardar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies