Centro de día

O noso centro está situado en A Rocha, Tomiño, trátase dun edifico moderno e totalmente adaptado.  O horario de atención diario para os usuarios de Centro de Día é de 09:30 a 17:30, ademáis temos servizo de transporte adaptado para aquelas persoas que o poidan precisar.

Cando un novo usuario chega ao noso centro, marcamos con el e a súa familia unhas necesidades e expectativas, escollemos os procesos a seguir e logramos así unha atención axeitada e personalizada. As principales etapas do proceso son:

  • Acollida e admisión: informarémoste sobre o centro e realizaremos unha primeira valoración para detectar as necesidades onde podemos traballar.
  • centro de día discapacitados, formación discapacitadosElaboración Plan Atención Individual (PAI): caracterízanos a atención centrada na persoa, e para iso elaboramos un Plan Individualizado de traballo con cada usuario, co fin de lograr obxectivos reais e medibles, sometidos a seguimentos periódicos.
  • Formación: potenciamos capacidades diariamente a través de diversos talleres que abranguen dende: lectoescritura, lectura de actualidade e informática, ata manualidades ou actividades de ocio.
  • Re/habitlitación e promoción da autonomía: proporcionamos unha atención integral aos usuarios para alcanzar o máximo grado de autonomía posible, sobre todo en aspectos como: autocoidado, vida no fogar, comunicación, habilidades sociais, descanso e sono, aspectos psicolóxicos, aspectos físicos ou da saúde.
  • Ocio e tempo de lecer: desenvolvemos cos usuarios do centro actividades de ocio, tempo de lecer e de convivencia,  para potenciar a súa autonomía persoal, conduta social e  integración no seu entorno.
  • Seguemento e comunicación coa familia: apostamos polo traballo coordinado xunto coas familias mantendo sempre o contacto. Traballamos a promoción da autonomía en todos os ámbitos e apoiamos a implicación das familias neste proceso, aportando as pautas adecuadas a seguir.

Os nosos usuarios do Centro de Día

O perfil dos nosos usuarios é o de persoas con discapacidade física grave. Non obstante, ao longo do ano, as nosas instalacións dan cabida a diversas actividades a usuarios externos con algún tipo de discapacidade que non necesariamente precisen o servizo de Centro de Día (preparación para exames E.S.O, cursos de carácter ocupacional,etc).

Así, tamén os nosos profesionais están a disposición de persoas externas ao Centro que precisen de forma puntual ou periódica nosos servizos (fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, psicóloga, traballadora social, servizo de intermediación laboral, etc).

rehabilitación discapacitados, centro de día discapacitadossala informática, centro de día discapacitados

formación discapacitados, centro de día discapacitadosasociacion discapacitados, centro de día

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies