Transporte adaptado

En Vontade ofrecemos servizo de transporte adaptado para as persoas usuarias do Centro de Día, dende o seu domicilio até o Centro de Recursos e viceversa.

 

Trátase dun dos servizos máis importantes, xa que un entorno rural como o da comarca do Baixo Miño presenta dificultades nas comunicacións, sobre todo se se require certa adaptabilidade as necesidades do individuo.

 

Ata o de agora non existía ningún servizo de transporte público adaptado, por iso, dende Vontade decidimos que xa era hora de polo en marcha. Anualmente, dase servizo de Transporte Adaptado a uns 20 usuarios aproximadamente, percorrendo máis ou menos 70.000 kilómetros ó longo do ano.

Colaboradores