
06 Dic Inauguramos a nova sede
Coincidindo co 10 aniversario da nosa creación, en Vontade estreamos novo centro de recursos para persoas con discapacidade en Tomiño. ¿Queredes saber un pouquiño mais do acontecido na nosa inauguración?
O acto levouse a cabo nas novas instalacións. Durante esta xornada os asistentes poideron visitar e acceder a todo o complexo, así como ver insitu o desenrolo dalgunhas actividades realizadas polos usuarios. Para finalizar a xornada e despois de escoitar os discursos inaugurais, disfrutamos duns aperitivos.
A partires de agora, o noso centro contará cunha ampla carteira de servizos que van dende fisioterapia ata formación de diversa índole, sen olvidarnos da asistencia psicolóxica ou o transporte adaptado.
Se inda non coñeces o centro, animámoste a que o fagas. Esperamos a tua visita.