Campamento de verán 2014

Campamento de verán 2014

Por segundo ano consecutivo, o axuntamento de Tomiño pon en marcha o Campamento de verán para nen@s e moz@s con discapacidade con idades comprendidas entre os 5 e os 19 anos de idade residentes no Baixo Miño.Campamento2

A idea principal deste II campamento de Verán é que os nen@s e mozos teñan acceso a un variado abanico de actividades lúdicas especialmente deseñadas para as súas necesidades e sempre baixo a supervisión de profesionais como unha Psicóloga ou monitor de de ocio e tempo  de lecer .

As actividades levaranse a cabo nas instalacións da Asociación para persoas con Discapacidade Vontade, perfectamente adaptadas e en contacto coa natureza.   De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas entre o 4 e o 29 de Agosto. Con isto téntase ao mesmo tempo,  fomentar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos seus coidadores.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas deberan poñerse en contacto ca Asociación, ben no centro ou a través do número de teléfono 986 623044. Prazas limitadas!



Colaboradores