Campamento de Verán 2015

Campamento de Verán 2015

Despois do éxito das pasadas edicións, e coa chegada do verán, o axuntamento de Tomiño pon en marcha o Campamento de verán para moz@s con discapacidade, residentes no Baixo Miño.

A finalidade é proporcionar xeitos de ocio alternativo para persoas que sofren algunha discapacidade e que o poidan facer durante as vacacións escolares. Un dos obxectivos será fortalecer as capacidades físicas, cognitivas e sociais dos participantes e traballarase conxuntamente co campamento urbano e o Centro de Día de Maiores, potenciando a interacción interxeracional.

Campamento Verán

Como de costume, as actividades terán lugar nas instalacións da Asociación Vontade, un espazo libre de barreiras arquitectónicas e en contacto coa natureza. De Luns a Venres en horario de mañá (9:00 a 14:00) entre o 27 de Xullo e o 21 de Agosto. Os usuarios residentes en Tomiño terán opción de pedir transporte a domicilio.

Para mais información e inscricións, poñerse en contacto ca Asociación Vontade, tanto no propio centro, no teléfono 986 62 30 44 ou info@vontade.org . Son 20 prazas totalmente de balde! Prazo límite de inscrición o 23 de Xullo.



Colaboradores