Carnés para a mocidade

Carnés para a mocidade

Sabedes que existen diversos carnes a disposición  da mocidade, cos que acceder a moitos e variados bens e servizos con descontos o longo do territorio nacional e internacional?

Ademais, durante este ano 2015, as persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% terán dereito a expedición gratuíta de calquera deles. Aquí tedes un pequeno resumo de cales son, e onde adquirilos.

 CARNÉ XOVE:

Este carné, acredita o seu posuidor como xove entre 12 e 30 anos (ambos inclusive), co que acceder a descontos e vantaxes en servizos culturais, aloxamentos, transporte, ensino, etc. Adquirindo certas garantías e servizos financeiros, incluído un seguro con amplas coberturas.

carné xove

O carné está homologado co resto de comunidades autónomas e en 40 países europeos adheridos o mesmo programa, polo que as fronteiras non serán un impedimento para o gozar das vantaxes.

Podes adquirilo en calquera oficina municipal de información xuvenil (OMIX) integradas na rede galega de información xuvenil.

Mais info sobre o carné xove >> http://goo.gl/YLfgNs

 

CARNÉ DE ALBERGUISTA:

 En España é requisito indispensable a súa posesión para poder pernoctar nos albergues. Este carné ten dúas modalidades, a de xove para menores de 30 anos, e a de maiores para os que superen os 30. Con ambos pódese acceder a numerosos descontos e servizos tanto en albergues e hostais,  como en transporte, ocio ou lecer.

Carné alberguista

Está recoñecido internacionalmente,  polo que se vas de viaxe o estranxeiro non dubides e utilízao!

Podes adquirilo por internet ou nalgún dos puntos físicos o longo do territorio, se pinchas no enlace terás mais info para a súa adquisición>> http://goo.gl/k54JGq

Mais info sobre o carné de alberguista  e as súas vantaxes >> http://goo.gl/PXmNDD

 

CARNÉ DE ESTUDANTE INTERNACIONAL (ISIC):

O ISIC é o único carné de estudante recoñecido a nivel internacional, podendo acceder a este calquera estudante de Instituto ou Universidade, independentemente de cal sexa a súa idade. Con el accedese a unha amplísima gama de descontos en viaxes, ocio, aloxamentos, cultura e un longo etc.Carné ISIC

Podes adquirilo en calquera dos seguintes puntos da nosa comunidade autónoma mostrados no seguinte enlace >> http://goo.gl/UgxAMn

Ou se o prefires, solicitalo online na propia web do ISIC >> https://goo.gl/mhxGkW

Mais info do ISIC >> http://goo.gl/4ODvmD

 

CARNÉ  INTERNACIONAL PARA NON ESTUDANTES (IYTC):

Se non es estudante pero tes entre 12 e 30 anos, e queres acceder a moitas das vantaxes do ISIC, este é o teu!

Mais info do IYTC >> http://goo.gl/4ODvmD

 

Ademais da info que aparece nas páxinas oficiais de cada un deles, podes acceder a páxina da xuventude da Xunta onde tes un resumo das características de cada un deles así como os requisitos e pasos para a súa obtención no seguinte enlace >> http://goo.gl/HTczLR

 

Acceso a ORDE 18 decembro 2014 do Diario Oficial de Galicia polo cal se poden obter de maneira gratuita >> http://goo.gl/2yMsFZ

 



Colaboradores