Centro histórico de Vilanova de Cerveira

Rut accesible Cerveira centro

Centro histórico de Vilanova de Cerveira

Nesta ocasión percorremos o casco histórico de Vilanova, nunha ruta lineal dende a oficina de turismo ata á Ecopista, pasando pola biblioteca e algunhas das rúas máis representativas da vila. 

Trátase dunha ruta de dificultade baixa excepto se queres visitar ó castelo onde a dificultade aumenta.


Realizamos esta ruta un grupo de persoas usuarias de cadeira de rodas manuais , eléctrica, e persoas con dificultades na marcha, que precisan realizar paradas frecuentes. Resumo ruta

Iniciamos á ruta na oficina de turismo, trátase dun edificio cun andar baixo accesible , aínda que a súa  entrada é estreita para as cadeiras de rodas polo que podes precisar axuda. Alí, facilitáronnos un mapa da zona.  

Cada verán o proxecto “O Crochet sae à Rúa ” enche ás rúas de Vila Nova de distintas figuras, na nosa visita esta mostra estaba en funcionamento, o que encheu as rúas con moita mais cor. Adornos da vila

Na beirarrúa contraria, poucos pasos despois da oficina de turismo, atoparás unha escultura dun cervo. Tras esta, atópase ó auditorio de Cerveira, un auditorio ao aire libre situado nunha zona axardinada. 

Durante o a túa visita os cervos serán un recurso ornamental habitual, sendo o símbolo de Vila Nova. Cervos e auditorio 

Sen desviarnos cara ela, continuamos pola beirarrúa en dirección a igrexa  Matriz e chegamos a  praza central do pobo na que  podes atopar o monumento os heroes de 1808, a biblioteca, a igrexa e a entrada a fortaleza, ademais de numerosos locais de restauración. 

Ademais, o concello realiza diferentes actividades ao longo do ano, entre as que destacan a faira de nadal e a feira medieval. 

PLAZA DE CERVEIRABiblioteca cerveira

 

Esta praza,  combina zonas de pedra con zonas de badoquiña.  

Fronte a igrexa, xusto na esquina,  atopamos  a Biblioteca de Vilanova. É un edificio de dous andares que conta con ascensor e baño adaptado.  

O acceso é totalmente libre. Ten no andar baixo un espazo de prensa e un espazo infantil, e no segundo andar, conta cos libros para adultos.  

No andar baixo, ademais,  conta cun xardín. Cando nos a visitamos estaba en obras e non o puidemos ver, pero habitualmente é de acceso libre. Interior biblioteca

 Unha vez saímos da biblioteca, poderás  dirixirte a fortaleza: O acceso interior da fortificación carece de boa accesibilidade. O pavimento é de pedra antiga , con moitos desniveis e a forte pendente fan complicado ó acceso. O máis destacado deste lugar son as vistas dende a muralla, para acceder a elas deberás salvar unhas escaleiras bastantes complicadas, polo que non te aconsellamos facelo. 

acceso fortaleza

De volta na praza, encamiñarémonos agora cara  a Rúa Queiroz Ribeiro. Xusto antes de adentrarnos nela, atopamos unha construción de estilo brasileiro de finais de s. XIX. O seu exterior esta recuberto de azulexos verdes, de aí o seu nome: Casa Verde.  casa verde

a Rúa Queiroz Ribeiro, trátase de unha rúa comercial que incluímos no noso paseo por contar cunhas das fachadas máis antigas. Ten un pavimento que combina zonas de pedra lisa, badoquiña, e no último tramo, cambia a pedra antiga máis difícil de transitar, aínda que é posible facelo.  rua queiroz ribeiro

Unha vez rematada esta rúa, volvemos sobre os nosos pasos ata a praza da Liberdade. para encamiñarnos cara o último tramo da nosa ruta: A rúa Costa Pereira. Esta rúa, con casas adosadas á fortaleza, levaranos ata a Ecopista, onde te recomendamos a visita ao parque do Castelinho.  

Neste tramo final o pavimento é de badoquiña, ten unha lixeira pendente descendente que se acentúa ao final. Presenta zonas de descanso con bancos. 

costa pereira

 

fin da rute

 

Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.



Colaboradores