
14 Ene Clases de apoio á ESO para adultos
Seguindo coa política de formación para mellorar as capacidades, e sabendo que o primeiro paso necesario para continuar coa formación profesional acreditada, é a obtención do título da ESO. Abrimos de novo as clases de apoio para as probas libres.
Un dos pasos que mais xente se anima a dar, é a obtención do citado título mediante probas libres convocadas cada ano e que se realizan sobre o mes de maio e cunha segunda convocatoria no mes de setembro. As probas están estruturadas en tres ámbitos (Cientifico-tecnolóxico, Social e Comunicación), deste xeito as persoas que xa conten con algún destes ámbitos aprobados, so terá que presentarse aos ámbitos pendentes.
Para facilitar a asistencia das persoas interesadas, as clases levaranse a cabo 3 días a semana, cada día adicado a un só ámbito e sempre en horario de maña para favorecer a aqueles casos nos que haxa que compaxinar as clases ca vida familiar.
As clases de apoio desenrólanse nas aulas da asociación do seguinte xeito. Os martes están adicados ao Ámbito Científico-tecnolóxico, os Mércores o Ámbito Social e os Xoves o Ámbito Comunicación. Todas con horario de 9:00-13:30 incluíndo un descanso. Para mais info non dubidedes en contactar con nos.
(Clases finalizadas)