Coidando o coidador

Coidando o coidador

Da man da FEGAS e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, e financiado pola Xunta de Galicia, este mes de Outubro terá lugar nas instalacións do CRD Vontade o curso “Coidando o coidador” dirixido a pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadanía en xeral.

O obxectivo desta actividade é de labor preventiva. Tentando evitar que aparezan enfermidades físicas e psicolóxicas dos familiares encargados do coidado dun enfermo, o seu illamento social, reaccións catastróficas ou conflitos familiares, incluíndo o consumo inadecuado de medicación do propio coidador.

O programa fará fincapé en catro puntos importantes. Proceso de envellecemento poblacional , as habilidades de comunicación e resolución de problemas, coidados do enfermo maior (dependente e independente) e o proceso de dolo (a despedida), entre outros.

O curso levarase a cabo o Xoves 8 de Outubro, cun horario de 16:30 a 20:30 horas. O curso é totalmente gratuíto, e as prazas son limitadas. Podes inscribirte das seguintes maneiras:

– Mediante correo electrónico a formacion@vontade.org achegando: DNI, Nome e Apelidos, localidade, dirección, concello, código postal, Nº telefono e correo electrónico.
– No teléfono 986623044.
– Na propia web da xunta cubrindo o formulario oficial, dende o seguinte link http://goo.gl/TTuO8o

 

(Curso finalizado)

 



Colaboradores