Curso de iniciación a actividades agroforestais

Curso de iniciación a actividades agroforestais

O CRD Vontade xunto coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño, ofrecéndovos a oportunidade de realizar o curso de iniciación a actividades agroforestais dirixido a persoas con discapacidade do Baixo Miño en idade laboral, que comezará o vindeiro 8 de Setembro.

agroforestais 2

O obxectivo e capacitar a persoas con discapacidade no desenvolvemento das tarefas propias dos traballadores agroforestais, mellorando as súas capacidades e competencias sociolaborais e facilitando así a súa integración no mercado laboral. Aportando o alumno os coñecementos propios da agroforestación, mellorando a actitude e motivación cara o emprego e sensibilizando no referente o medio ambiente.

O curso terá unha parte teórica dunhas 250 horas aproximadamente, impartidas nas aulas equipadas para tal fin no centro. A parte práctica (60 horas aprox.) desenrolarase nas instalacións exteriores do propio centro, que conta con unha parcela totalmente equipada e axeitada, onde se poderán realizar os traballos prácticos.

Proporcionarase todo o material necesario, equipo, ferramentas, material de consumo e material didáctico. Para mais info non dubidedes en contactar con nos. Esperámosvos!

(Curso rematado)



Colaboradores