Curso Informática Básica

Curso Informática Básica

Hoxe en día as TICs dominan a maior parte das nosas vidas, tanto no ámbito privado como no profesional. E por iso, a Deputación de Pontevedra, xunto co Concello de Tomiño e a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, poñen en marcha o “Curso de Informática Básica” totalmente de balde.

O obxectivo deste curso é formar as persoas con discapacidade no manexo das TICs (Tecnoloxías de Información e Comunicación), dun xeito ameno e divertido, tentando fomentar o acceso o mercado laboral. Por outra banda, cada día é mais normal facer os trámites coa administración de maneira telemática, dende pedir unha cita médica, solicitar subvencións ou presentar a declaración da Renda.

Terá unha duración de 246 horas formativas utilizando PCs e  Tablets. As clases terán lugar no CRD Vontade, dende o 07/09/2015 ao 17/11/2015 de Luns a Venres 09:00 – 14:00h  co seguinte temario:

– Módulo I: Introdución ao Sistema Operativo.

– Módulo II: Tratamento de textos.

– Módulo III: Follas de Cálculo.

– Módulo IV: Presentacións.

– Módulo V: Iniciación a Internet.

– Módulo transversal I: Mecanografía.

O curso está dirixido a persoas con discapacidade da Comarca do Baixo Miño, con idades comprendidas entre os 16 e os 59 anos.A data límite de inscrición será o 31 de Xullo no CRD Vontade ou ata o 31 de Agosto no email: tsocial@vontade.org co formulario de inscrición, cert. Discapacidade, DNI e Tarxeta Sanitaria.

(Curso finalizado)



Colaboradores