
05 Feb Curso primeiros auxilios
Da man da FEGAS e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, co financiado da Xunta de Galicia, o vindeiro mes de Marzo terá lugar nas instalacións do CRD Vontade un curso deprimeiros auxilios dirixido a pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadanía en xeral.
O obxectivo desta actividade non é mais que o de adquirir os coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuacións de primeiros auxilios, así como aclarar dúbidas referentes aos primeiros pasos a seguir nunha situación de emerxencia cotiá.
Centrarémonos na correcta atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes. Como chamar ao 061, pasos a seguir ante un traumatismo, feridas ou hemorraxias. Que facer ante convulsións e crises epilépticas. Ante dificultades respiratorias tales como ansiedade, crises asmáticas, sen esquecernos de queimaduras, intoxicacións, reanimación cardiopulmonar etc.
O curso levarase a cabo o Luns 2 de Marzo cun horario de 16 a 20 horas. O curso é totalmente gratuíto, e as prazas son limitadas. Inscricións en formacion@vontade.org achegando: DNI, Nome e Apelidos, localidade, dirección, concello, código postal, Nº telefono e correo electrónico, e no teléfono 986623044.
(Curso Finalizado)