Cursos Xaneiro-Marzo 2017

Cursos Xaneiro-Marzo 2017

En Vontade estamos convencidos de que a formación, é a mellor estratexia para mellorar as probabilidades de incorporarse o mundo laboral actual. E por iso, comezamos o ano coa seguinte oferta formativa, o igual que nos anteriores, serán impartidos nas nosas instalacións en Tomiño, e tamén no no Centro de Formación Ocupacional de Gillarei. Os cursos son os seguintes.

“Curso de Iniciación a Limpeza Industrial” desenrolarase entre o 16 de Xaneiro e o 03 de Febreiro. . Cun horario de 10:00 a 14:00 en Tomiño, e de 16:00 a 20:00 en Tui. O temario estará dividido en 3 unidades principais, Técnicas de limpeza (Conceptos de limpeza e hixiene, desinfección, residuos, materiais, produtos de limpeza…), Limpeza mobiliario Interior (Tipos de mobiliario e composición, Identificación dos diferentes produtos de limpeza, desinfección de mobiliario, identificación da etiquetaxe, fichas técnicas e seguridade…) e Limpeza de cristais en edificios e locais (Composición e características das distintas superficies acristaladas, tipos de suciedade habitual, preparación e mantemento da orde no lugar de traballo…).

“Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Centros de Día” desenrolarase entre o 02 de Febreiro e o 31 de Marzo. . Cun horario de 10:00 a 14:00 en Tomiño, e de 16:00 a 20:00 en Tui. O temario percorre os principais puntos para a correcta atención dunha persoa dependente, mobilizacións, transferencias, posicionamento, atención hixiénico-alimentaria en institucións etc.

“Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER ou FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

Para mais info non dubides en contactar con nos!

 



Colaboradores