Desexos nun globo

Desexos nun globo

¿Algunha vez recibiches unha mensaxe en globo? Quizáis esta sexa a primeira. Co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade dispuxémonos a preparar algo especial ¿o resultado? Fixemos voar todos os nosos desexos.

día de la discapacidad, asociación discapacitados baixo miñoOs dias escollidos foron o 2 e 4 de Decembro. O día 2 realizouse a primeira solta de globos en colaboración co IES de Tomiño aproveitando o recreo dos alumnos. O día 4 levouse a cabo a segunda, que coincidiu co mercado dos mércores na Praza do Seixo. O certo é que facía un frío que pelaba pero mereceu a pena.

Comezamos ofrecendo a todos os viandantes a posibilidade de escribir os seus desexos nuha tarxeta que posteriormente sería lanzada co seu globo ata onde o vento as levase. O obxectivo era promover a concienciación e sensibilización da sociedade coas persoas con discapacidade, insistindo na súa integración social.

Se foches un dos afortunados que atopou unha destas mensaxes, invitámosche a que nolo contes mandándonos un email.



Colaboradores