Andamos Coxos Da Linguaxe

andamos coxos da linguaxe

Andamos Coxos Da Linguaxe

 

Este ano dende a Asociación Vontade con motivo do día da discapacida lanzase esta campaña con frases que inda a día de hoxe, temos que escoitar


«Hoxe portáchete ben, que te trouxeron a tomar algo»

Esta é unha das frases selecionadas para a nosa campaña de sensibilización para o día da discapacidade, do ano 2023.
Tras varias sesións de preparación, acadamos a conclusión de que a linguaxe segue a ser unha barreira, e procuramos sensibilizar e invitar a reflexión sobre o uso das palabras. O noso obxectivo principal é fomentar unha linguaxe inclusiva.

En moitas ocasións, tratamos as persoas con discapacidade como se fosen menores de idade e non puidesen decidir por eles/as mesmos/as, esto recibe o nome de infantilización. Nesta frase, enténdese que se alguén cunha discapacidade vai tomar algo ou acude a algún lugar público, xeralmente asociado ao ocio, é porque está recibindo un premio tras un bo comportamento.


«Como vai ter discapacidade, se é guapísimo»

Esta é unha das frases selecionadas para a nosa campaña de sensibilización para o día da discapacidade, do ano 2023.
Tras varias sesións de preparación, acadamos a conclusión de que a linguaxe segue a ser unha barreira, e procuramos sensibilizar e invitar a reflexión sobre o uso das palabras. O noso obxectivo principal é fomentar unha linguaxe inclusiva.

Cando deixaremos de preguntar a infancia por cuestións estéticas? Non todas as discapacidades son visibles, e con estos comentarios obrigamos as persoas a ter que dar explicacións persoais por culpa dun canon estético.


«As cadeiras de rodas que se coloquen por alí, que se non molestan»

Esta é unha das frases selecionadas para a nosa campaña de sensibilización para o día da discapacidade, do ano 2023.
Tras varias sesións de preparación, acadamos a conclusión de que a linguaxe segue a ser unha barreira, e procuramos sensibilizar e invitar a reflexión sobre o uso das palabras. O noso obxectivo principal é fomentar unha linguaxe inclusiva.

Entendemos que o espazo físico non esté adaptado, pero ao empregar a frase » as cadeiras de rodas», invalida a persoa e a fai invisible. Non somos cousas nin obxectos, e podemos entender a parte física e arquitectónica, pero non podemos aceptar a deshumanización e a discriminación.


«Coitadiño, que vai ser del agora?»

Esta é unha das frases selecionadas para a nosa campaña de sensibilización para o día da discapacidade, do ano 2023.
Tras varias sesións de preparación, acadamos a conclusión de que a linguaxe segue a ser unha barreira, e procuramos sensibilizar e invitar a reflexión sobre o uso das palabras. O noso obxectivo principal é fomentar unha linguaxe inclusiva.

As discapacidades poden ser conxénitas e adquiridas, pero esto non quere decir, que as persoas con discapacidade non poidan ter un futuro nin unha boa calidade de vida. Cando nos cuestionamos «que vai ser del agora?» xa estamos descartando a súa posibilidade de participación cidadá.


«Os compañeiros de clase son todos normais, menos un, que é un discapacitado»

Esta é unha das frases selecionadas para a nosa campaña de sensibilización para o día da discapacidade, do ano 2023.
Tras varias sesións de preparación, acadamos a conclusión de que a linguaxe segue a ser unha barreira, e procuramos sensibilizar e invitar a reflexión sobre o uso das palabras. O noso obxectivo principal é fomentar unha linguaxe inclusiva.

A normalidade é moi diversa, e dentro desta normalidade forman parte as persoas con discapacidade. Facer esta distinción exclue aos menores con discapacidade do seu grupo de iguais, e a súa vez, o resto de compañeiros e compañeiras, entenden a discapacidade como un motivo de discriminación

 



Colaboradores