Estreamos a nova páxina web!

Estreamos a nova páxina web!

Despois dun tempo co formato anterior, hoxe estreamos a nova páxina web! Moito mais dinámica e chea de cor, adaptándose sen problemas os novos dispositivos móbiles que nos permiten acceder a páxina en calquera lugar e momento.

traballo social

Nela atoparemos de forma fácil e intuitiva os distintos servizos que ofrecemos en Vontade, así como a información corporativa e as novas relacionadas coa discapacidade. Tamén temos opción de comentar directamente na web as distintas novas, ou contactar con nos para calquera dúbida.

Sen mais dilación, comezamos esta nova etapa web recordándovos que no centro contamos coa inestimable labor da Traballadora Social. Resolvendo as dúbidas tanto de persoas con discapacidade e os seus familiares ou coidadores, procurando asesoramento, valoración, xestión de recursos,  e calquera outra problemática relacionada coa discapacidade.

Esperamos que esta nova páxina sexa do voso agrado,  e nos contedes que vos parece.



Colaboradores