Río Miño, Marca Inclusiva. Navegando pola historia do Baixo Miño. Nova edición do proxecto levado a cabo pola Asociación Vontade e o Club Sen Amarras.

Río Miño, Marca Inclusiva. Navegando pola historia do Baixo Miño

Río Miño, Marca Inclusiva. Navegando pola historia do Baixo Miño. Nova edición do proxecto levado a cabo pola Asociación Vontade e o Club Sen Amarras.

Dende a Asociación Vontade levamos a cabo un ano máis o proxecto de actividades náuticas con embarcacións adaptadas e accesibles, dirixidas a persoas con discapacidade.
Dende o ano 2013 Vontade leva a cabo este proxecto na época estival, que consiste en rutas polo Río Miño en embarcacións adaptadas que contan con anclaxes para cadeiras de rodas. Realízase en colaboración con Club Sen Amarras, e conta coa cofinanciación do Concello de Tomiño e da Deputación de Pontevedra. Este proxecto ten distintos obxectivos, principalmente, divulgar a historia, tradición e cultura do Baixo Miño e promover un turismo cultural inclusivo e accesible a todas as persoas.
O Código Ético Mundial para o Turismo da Organización Mundial do Turismo (OMT), específica no seu artigo segundo que as actividades turísticas promoverán a igualdade e os dereitos humanos tendo en conta especialmente diferentes colectivos, como as persoas con discapacidade. Por outra banda, no seu artigo 7 recóllese que todas as persoas deben exercer o seu dereito a desfrutar do turismo sen obstáculos. Do mesmo xeito preténdese visibilizar a necesidade de ofertas culturais e turísticas específicas para o colectivo, que contribúan a facer da comarca un referente neste ámbito. Este é un paso máis nesa ampla e necesaria posta en valor da cultura e turismo accesible.
O proxecto desenvolverase dende mediados de xuño ata mediados de setembro, os luns, martes, mércores e xoves en horario de maña (o horario e temporalización pode modificarse segundo as necesidades das persoas participantes, dispoñibilidade e circunstancias meteorolóxicas). Para poder participar debes ter un grao recoñecido de discapacidade. Poden participar tanto persoas de xeito particular como grupos dende entidades. Para facelo, podes poñerte en contacto coa Asociación Vontade a través do enderezo de correo electrónico: traballosocial@vontade.org ou no teléfono 986623044.



Colaboradores