“Se non ves acompañado/a non podes comprar”

“Se non ves acompañado/a non podes comprar”

“Se non ves acompañado/a non podes comprar”


Negar a atención a unha persoa con discapacidade por estar soa é unha forma de discriminación. Supón poñer en dúbida a súa autonomía persoal e negar un dereito básico: o de ser tratada en igualdade de condicións.

As persoas con discapacidade teñen capacidade de decisión, criterio e dereito a participar plenamente na vida social, tamén cando fan unha compra, solicitan información ou precisan un servizo.

Presupoñer que non poden ou que necesitan sempre a compañía doutra persoa, fomenta o paternalismo, menoscaba a capacidade de autorealización das persoas e limita a súa independencia.

A accesibilidade non é só cuestión de ramplas ou espazos adaptados: tamén é respecto e empatía.

A sociedade é máis xusta cando todos os espazos (tamén os comercios) son seguros, acolledores e respectuosos coa diversidade.

Tratar con igualdade a unha persoa con discapacidade non é un favor: é un dereito e un deber cidadán.



Colaboradores