
25 Nov “Anda pois parece una persoa normal, non se lle nota”
As persoas con discapacidades orgánicas, conviven cada día coas barreiras socias que implican a falta de comprensión das súas patoloxías.
Debido a que estas discapacidades derivan de enfermidades ou alteracións de órganos internos (pulmóns, riles, corazón, sistema dixestivo….), resultan invisibles a primeira vista, polo que moitas derivan en incomprensión por parte da sociedade.
O uso de recursos que as veces precisan como son: a atención prioritaria en servizos de saúde, emprego de prazas de mobilidade reducida, o emprego de aseos accesibles, acceso a ofertas de traballo para persoas con discapacidade, ou incluso as dificultades para o recoñecemento das súas discapacidades, fan que constantemente deban loitar contra a invisibilidade.
As persoas con discapacidades orgánicas conviven con limitacións físicas reais e persistentes pero tamén con moitas barreiras sociais.
A empatía, a comprensión e a flexibilidade son claves para permitir que todas as persoas convivamos en condición de igualdade.










