
07 Mai Nova edición do proxecto “Río Miño, Marca Inclusiva. Navegando pola historia do Baixo Miño”
Un ano máis, desde a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade poñemos en marcha o proxecto “Río Miño, Marca Inclusiva. Navegando pola historia do Baixo Miño”, unha proposta de turismo cultural e accesible dirixida principalmente a persoas con discapacidade.
Desde o mes de maio ata setembro, realizaremos rutas polo río Miño en embarcacións adaptadas, con saída desde o embarcadoiro accesible de Goián, en Tomiño. Durante os percorridos, as persoas participantes poderán coñecer distintos espazos de interese do Baixo Miño e da súa contorna, poñendo en valor o patrimonio natural, histórico, cultural e identitario do territorio.
Este proxecto desenvólvese en colaboración co Club Deportivo Sen Amarras e conta co apoio do Concello de Tomiño e da Deputación de Pontevedra. Ademais das rutas fluviais, incorporamos materiais accesibles, códigos QR, audioguías e apoio na mobilidade, co obxectivo de facer a experiencia máis comprensible, segura e inclusiva.
Con esta iniciativa queremos seguir promovendo o dereito das persoas con discapacidade a desfrutar do lecer e da cultura en igualdade de condicións, ao tempo que divulgamos a historia, a tradición e a riqueza do Baixo Miño. Tamén queremos contribuír a consolidar un modelo de turismo máis accesible, participativo e respectuoso co territorio.
Se queres participar, podes contactar con nós no correo










