24 Mar Obtención Licencia de Navegación
Consegue a licenza de navegación, para patronear embarcacións de ata seis metros de eslora, sen límite de potencia, nunha soa mañá.
Coa nova regulación redúcense os prazos para a obtención do citado título, minimízase a teoría, aumentando a práctica e eliminando a proba escrita. Polo que se obtén a licenza o longo dunha soa mañá, na cal se fará unha práctica mentres o instrutor explicará as nocións básicas para o correcto manexo da embarcación.
O curso terá lugar o vindeiro 16 de Maio, de mañá, partindo dende o embarcadoiro do Espazo Fortaleza en Goián, e terá un prezo de 150€ por persoa. O prazo de inscrición remata o próximo 8 de Maio, e a documentación a presentar será a seguinte:
-Fotocopia DNI
-1 fotografía tamaño carné
-Psicotécnico (*)
O prezo para persoas con discapacidade será de 80€ grazas a colaboración do Club Sen Amarras e a Asociación Vontade, tendo que presentar ademais da anterior documentación unha copia do certificado de discapacidade.
A documentación terá que ser entregada no centro de Vontade. Para mais información non dubidedes en contactar con nos.
* Non será necesaria a realización do recoñecemento se o interesado acredita que obtivo ou renovou o permiso de circulación nun prazo non superior os dous anos, presentando a fotocopia do mesmo no propio centro psicotécnico, tendo que realizar so a proba de visión como marca o punto sexto da “Resolución de 11 de enero de 2010, de la Dirección General de la Marina Mercante, sobre la acreditación de la aptitud psicofísica para el manejo de embarcaciones de recreo.”
(Finalizado)