Sen Amarras

Portadas blog

Sen Amarras

Hoxe Presentámonos unha actividade diferente de ocio accesible. trátase dunha ruta polo Miño en barco.

Estas rutas atópanse dentro da actividade “Rio Miño marca inclusiva. Navegando pola historia do baixo Miño”, realizadas en conxunto por Vontade e o clube deportivo Sen Amarras. 

Sen amarras é un club deportivo orientado a inclusión das persoas con mobilidade reducida no ámbito dos deportes.
Conta con dous barcos adaptados, e unha das actividades que realizan son estes viaxes, nos que se mestura historia e natureza. 


As rutas adoitan a realizarse tódolos veráns entre Xuño e Setembro e podes reservar praza contactando coa asociación Vontade.

A saída realízase dende o Pantalán adaptado de Goián. Do que xa vos falamos na entrada da fortaleza (ruta fortaleza)

A zona de aparcamento, atópase na antiga saída do Ferri de Goián. Esta zona como xa comentamos carece de prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida. 

Dende aquí debemos realizar un pequeno tramo a pé. Por un camiño asfaltado que non presenta dificultades.

O Pantalán, é accesible, e non presenta ningún obstáculo para as cadeiras de rodas. A única dificultade, pode ser a pendente da rampla, que obviamente cambia segundo a marea.

pantalan accesible

Os barcos de sen Amarras, contan cunha rampla de acceso que se abre e permite a entrada aos barcos sen dificultade tanto camiñando como en cadeira de rodas 

Dentro hai espazo para sentarse, e zonas para anclar as cadeiras ao barco e viaxar con seguridade.

Pódese viaxar tanto con cadeira manual como con cadeira eléctrica aínda que sempre recomendan, por un tema de pesos, o uso da primeira. 

barcos adaptados

Como curiosidade, aínda que non é o obxecto de estas viaxes, os barcos están adaptados non só para viaxar en eles, se non que contan ademais de un volante, cun “joistick” para incrementar a accesibilidade como patrón.

Os paseos realízanse tanto en dirección a Tui como a Guarda.

A ruta que vai en dirección Tui, pasa pola ponte internacional ata a Mariña de Tui, desfrutando da, paisaxe de ribeira, así como de unha vista diferente da cidade vella de Tui e a fortaleza de Valença. No caso da ruta en dirección A Guarda, desfrutamos das paisaxes de Camiña e a desembocadura do Miño así como as illas que se atopan nesta zona. 

En ambas direccións, se tes sorte, avistarás diferentes aves. a última vez que nos o fixemos puidemos observar varias cegoñas, ademais de patos e garzas. 

Nos realizamos esta actividade en numerosas ocasións, e seguimos anotándonos ano tras ano. Parécenos moi recomendable. 

 

 



Colaboradores