Oia

Portada ruta Oia

Oia

O barrio do Arrabal, é o barrio que nace ao redor do Mosteiro de Oia, considerado hoxe de interese paisaxístico e histórico artístico.

Hoxe propoñemos unha ruta moi curta duns setecentos metros, na que desfrutar da paisaxe, e a arquitectura.
Realizamos a ruta un grupo de persoas usuarias de cadeira de rodas manual, eléctrica e persoas con dificultades na deambulación, que empregan andador, ou precisan descansos frecuentes.

resumo da ruta

Iniciamos a ruta xusto diante do Mosteiro de Oia.
Alí, atopamos dúas prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida, atópanse xusto despois do mosteiro. Ademais, poderás aparcar nos diferentes aparcadoiros municipais. O acceso a beirarrúa é bo.

zona de aparcamentosUnha vez aparques, poderás acercarte a ver a fachada da igrexa, de estilo barroco e coa virxe do mar sobre a porta. A entrada a igrexa é pouco accesible xa que ten unha elevación. Supoñemos que se poderá abrir toda a folla pero non o comprobamos. 

En canto o mosteiro, só é visitable con visitas guiadas programadas e non están todo o ano. Nós, soamente o coñecemos por fora.

O mosteiro de Oia, declarado monumento histórico artístico dende o 1931, é un dos únicos situados a beira do mar. Foi mosteiro, baluarte defensivo contra os piratas e campo de concentración durante a guerra civil. Actualmente, existe un proxecto para transformalo nun hotel. Trátase dun punto de interese turístico no camiño Portugués pola costa.

mosteiiroRetomamos o camiño principal dende as prazas de aparcamento reservadas a persoas con mobilidade reducida, a partir de aquí o pavimento é de pedra lisa, e atópase en bo estado. Se continuamos camiñando cara o Arrabal atopamos unha zona de mirador cun mapa cos puntos de interese do concello. Recomendámosvos, desfrutar da posta de sol dende aquí.

pavimento

O pavimento durante case toda a ruta a partir de aquí, é de pedra lisa e atópase en bo estado

.Ao final do muro atoparás un desvío indicado pola cuncha do camiño de Santiago, nos non realizamos en esta ocasión a ruta por aquí pero é accesible aínda que cunha pendente pronunciada. Dende aquí poderás ver a parte traseira do mosteiro e conectar co camiño de Santiago. Coas mareas, a auga invade a zona e pode resultar resbaladiza en ocasións, polo que recomendamos precaución. 

Se segues o camiño, atoparás a Praza Centinela. Podes ver a fachada da antiga Casa Reitoral (hoxe oficina de turismo), un cruceiro , e coa marea baixa a antiga Camboa.

Durante a ruta, o concello ofrece explicacións en pequenas placas e en códigos QR sobre as casas con interese histórico do barrio, como son a casa Henriqueta, casa Portas ou as antigas cárceres de homes e mulleres.

casas importantesSeguindo o camiño, a primeira de estas casas é casa Henriqueta onde cabe destacar a antiga escaleira que poderás ver dende un lateral.

casa henriquetaA continuación atópase a antiga cárcere  de homes e  mulleres. Na ruta que vos mostramos non aparece mais que dende o camiño xeral, pero deixámoste as explicacións por se queres desviarte: Para achegarse as antigas cárceres de homes e mulleres, podes desviarte da ruta pola subida que atoparás ao lado da Casa Portas (foto marcada a continuación co número 1). Trátase dun desnivel importante para a subida de cadeiras de rodas, polo que recomendamos que o fagas con axuda. Ademais, algúns de nos tivemos problemas cos repousapés, que nos tocaban abaixo, polo que fixemos a subida polo seguinte desvío (foto marcada a continuación co número 2), accedendo por atrás. Segue a tratarse de un desnivel importante pero tivemos menos problemas cos repousapés. O chan, composto por badoquiñas, resulta incómodo tanto para cadeiras de rodas como para as persoas que empregan andador.

antigua cárcereContinuamos o percorrido pola casa Portas. Segundo nos explica o cartel informativo, na Casa Portas podemos observar unha cruz na fachada que podería estar relacionada coa antiga existencia dunha ermida. 

casa PortasCo cambio de pavimento, rematamos a nosa ruta. Pódese continuar pola estrada para chegar a ermida de San Sebastián. O camiño é accesible, aínda que nos en esta ocasión non chegamos ata alí, por resultarnos a ruta demasiado longa.

fin do pavimentoEsta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.



Colaboradores