
19 Xan Paseo Foz do Miñor
En esta ocasión presentámosvos unha pequena ruta de pouco mais de un Km (ida) que se inicia en Sabarís e Finaliza na Rúa Foz.
Iniciamos a nosa ruta en Sabarís, no punto que remataba na nosa anterior ruta por esta Vila. De feito, podes consideralas se queres a continuación unha da outra.
Realizamos a ruta un grupo de persoas usuarias de cadeira de rodas manual que se desprazan con axuda de terceiros, persoas, usuarios de cadeira eléctrica, con mobilidade reducida que precisan andador e persoas que necesitan descansar con frecuencia e resultounos doada a todos, xa que apenas atopamos desniveis, hai bancos cada poucos metros e o terreo atópase en boas condicións.
Como xa comentamos, iniciamos a nosa ruta en Sabarís, no punto que remataba a nosa anterior ruta por esta Vila. Dende este punto, para conectar coa zona de Paseo da Ramallosa, deberás empregar o carril bici se vas en cadeira de rodas, xa que a conexión peonil ten escaleiras.
Dende aquí dirixirémonos cara a ponte que separa Sabarís de a Ramallosa.
En canto a zonas de aparcamento, existen varias zonas reservadas na zona urbana de Sabarís ao igual que despois ao longo da ruta.
Unha vez cheguemos a Ponte de A Ramallosa, tamén te recomendamos que se empregas cadeira de rodas o fagas polo carril bici, xa que aínda que a beirarrúa sexa o suficientemente ancha para unha cadeira (non pasades se alguén ven de fronte), a rampla final é bastante perigosa. Ao outro lado da estrada, podes ver a antiga Ponte Románica, aínda que non é accesíbel
Ao final da ponte, atópase un panel informativo sobre o camiño de Santiago, xa que por aquí pasa o Camiño portugués da costa. O cartel non é moi accesible xa que a súa altura, colocado nun lugar tan estreito e as dimensións das letras dificultan o acceso se empregas cadeira de rodas. Ademais non presenta alternativas de lectura fácil nin para acceso a información para persoas cegas.
Dende o carril bici, o acceso ao parque onde se atopa o paseo e a igrexa e moito mais doado que dende a beirarrúa.
Neste punto da ruta, atopamos de fronte o cruceiro e a Igrexa, adicada esta última a San Campio. Ambos orixinais do século XIX. Un dato curioso de esta igrexa é que foi cambiada de lugar en dúas ocasións, para pasar a estrada e o tranvía. No lateral podes observar un mural de san Telmo.
A continuación, para acceder a zona de paseo, teremos que cruzar uns metros de pavimento de pedra lisa. Bastante fácil de salvar, aínda que a pedra e antiga e en algúns puntos as rodas das cadeiras e do andador engánchase. A zona está provistas de numerosos bancos de pedra nos que descansar ou desfrutar da paisaxe.
Tras uns metros de pedra, o pavimento pasa a formigón, atópase en moi boas condicións e non hai dificultades para pasear. Ademais, conta con bancos de madeira cada poucos metros e tamén atoparás diferentes esculturas de madeira e de pedra. 
O espazo tamén conta cun parque infantil, no que ademais hai un bambán adaptado. Tamén hai un área para facer deporte e unhas pistas de fútbol e baloncesto. 
Nesta ubicación atopamos un punto de observación de aves con varios paneis informativos, moi altos se vas en cadeira e sen adaptacións na información a ningún nivel. O acceso ao punto de observación si é accesible. Continuan aparecendo esculturas, entre as que desteca “os barcos morren na Foz”. 
O derradeiro tramo de este paseo é de madeira. Cando nos realizamos a ruta, éste atopábase en bo estado. Aínda que, ao ser de este material, nalgúns puntos algunhas cadeiras atascábanse na diferencia de altura entre táboas.
Pouco despois, atopamos un espazo empregado na actualidade para realizar actuacións. Sobre todo destaca o festival de jazz que celebran anualmente. 
Rematamos a nosa ruta na rúa Foz, xusto onde remata o paseo de madeira. Aquí recomendámoste que te pares a observar a Foz do Miñor completa.
Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.












