
12 Mai Paseo Rio Landres (Salceda de Caselas)
A senda do Rio Landres atópase en Salceda de Caselas. Está adicada a Francisco Estévez, pai do actor Martin Sheen, emigrante salcedense.
Trátase dunha ruta lineal, de dificultade moderada se tes mobilidade reducida.
Durante a ruta, verás murais sobre as películas de Martin Sheen, murais sobre a emigración galega, e varios muíños, algúns deles reconstruídos.
A ruta finalizase nun pequeno parque con mesas e bancos de pedra na zona de O Torrón.
Realizamos a ruta un grupo de persoas con cadeira de rodas manual, eléctrica, e dificultades na marcha.
Iniciamos a nosa ruta buscando onde deixar as nosas furgonetas. O concello dispón dunha zona de aparcamento próxima, sen prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida. Tamén se atopa fronte ao paseo un punto para autocaravanas.
Aproximámonos a zona de acceso ao paseo do rio Landres, trátase do punto mais complexo desta ruta se empregas cadeira de rodas ou tes problemas na marcha, xa que conta cunha pendente moi pronunciada. Recomendámoste que fagas esta baixada con axuda.
O primeiro que observarás será unha nave que era o antigo Matadoiro da Vila. Hoxe, cun novo uso, como centro social, xestionado pola asociación Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze.
En canto baixes a pendente, tamén te atoparás de fronte cun lavadoiro. Nas súas paredes, atópanse varios murais con imaxes míticas das películas de Martin Sheen, Apocalipsis Now, The Way e Rebeldes.
Neste punto atopamos un cartel informativo, sobre a temática da ruta e todo o que podemos atopar.
Debido a súa altura, o escaso contraste de tonos entre fondo e letra e o tamaño, de esta, parécenos moi pouco accesible. Sen embargo, podes atopalo con facilidade na páxina do concello se o queres leer mellor.
A senda continúa por detras do mural que representa a Francisco Estévez, bordeando o rio.
A partir de este punto, o pavimento cambia a terra. será así durante todo o traxecto.
Estivemos nesta ruta no mes de febreiro e o terreo atopábase en moi bo estado.
Ainda así debes prestar atención ao estao do chan, xa que coa humidade podería atoparse resbaladizo nalgún punto.
Seguimos camiñando ata atopar o primer muiño que solo os veremos de lonxe, xa que se atopa nunha zona non accesible en cadeira de rodas. Non vos preocupedes, despois atoparemos outros no propio camiño.
Despois de cruzar unha pequena ponte de madeira, atoparemos un novo cartel sobre a migración galega.
Todo o paseo o relizaremos a carón do Rio Landres, un pequeno Rio afluente do Caselas.
Como en calquer camiño de terra, a auga das choivas, creou algúns desperfectos pouco impotantes.
Un pouco máis adiante, atopamos dous novos muiños: O do buraco e o do Gurito.
Un está rehabilitado e outro non. Detrás do segundo, atópase a moa do muiño semisoterrada. Tamén atoparás un bloque de pedra que fai as veces de banco. Se eres unha persoa que precisa descansar a miúdo, recomendámoste que fagas unha parada neste punto, xa que non hai máis bancos ata o final da ruta.
Cando fixemos a ruta, todo estaba cuberto de musgo, o que lle daba un efecto máxico a ruta do que desfrutamos moito.
Nesta zona, hai algunha pequena pendente sen dificultade.
Chagando ao final da ruta, verás como a auga do rio se encauza por unha construción de formigón que levaba a auga ata o derradeiro muiño.
Será tras un xiro a dereita o tramo con maior pendente. Nos subímola con algo de axuda para mover as cadeiras, pero tede en conta que todos precisamos colaboración para mover as nosas cadeiras de forma habitual.
Existe outra ruta directa sen pendente que podes empregar se podes salvar escaleiras.
Chegamos agora ao Muiño das Laxes do Torron. O punto mais bonito segundo a nosa opinión de este pequeno paseo.
No muiño das laxes atoparedes unha fonte, o muiño e unha pequena zona con mesas.
Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.












