
08 Ago PRAIAS ACCESIBLES
En este mes de agosto, queremos compartir unha entrada diferente.
Tras moitas chamadas telefónicas, deixámovos un listado coa informacion que conseguimos recadar sobre praias accesibles da contorna.
Cabe destacar, que esta información é reducida en moitos casos, debido a dificultade para contactar cos servizos de cada concello e que se achegase a información.
Intentaremos actualizala se atopamos novos datos.
Dende a nosa perspectiva, unha Praia accesible a nivel físico, precisa contar cos seguintes elementos:
- Ramplas de acceso: cumprindo dentro do posible a pendente permitida, o suficientemente anchas, para os cruces, ou contar con zonas nas que deixar as cadeiras de rodas “aparcadas”.
- Cadeira anfibia e outros materias de emprego en auga como andador ou muletas.
- Cambiador con padiola.
- Zona de sombra.
- Duchas as que se poida acceder
- Acceso sinxelo a información sobre horarios, e servizos das praias.
- Servicio de asistencia ao baño: Queremos destacar a importancia do servizo de asistencia ao baño, xa que é case imposible, para as persoas que precisamos axuda para entrar na auga, depender de medios propios para facelo. Unha Praia sen este servizo, seguirá sendo inaccesible para case todas.
A Guarda
No concello de A Guarda, contan con cadeira anfibia, e rampla de acceso na praia de O muiño.
Trátase da praia que se atopa ao inicio da ruta que vos compartimos de o Piñeiral Castrexo , polo que conta coas mesmas 5 prazas adaptadas das que vos falamos en esta, así como de aseos adaptados.
A praia do Muiño, conta con acceso a praia a traves de unha pequena pasarela de lona que, debido as características da praia, ten unha pendente moi pronunciada. Ademais, cabe destacar que esta pasarela remata en plena pendiente, polo que se decides asistir a esta praia e empregas caderia de rodas ou tes dificultades de deambulación, precisarás axuda a hora de acceder a area.
Ademais , non existe espazo no que deixar as cadeiras, o que dificulta o paso de outras persoas, nin tampouco conta con zonas reservadas a persoas con discapacidade preto de esta rampla.
En canto a material para a auga, unicamente contan con cadeira anfibia. O día que a probamos atopábase nunhas condicións regulares, pero segundo nos informaron, xa foi arranxada.
O servizo comeza as 12:00, cando chega o persoal de socorrismo.
No noso caso, non recibimos axuda para o acceso a auga, descoñecemos se o proporcionan a persoas que acudan soas a praia.
Non hai cambiador con padiola, pero si baño adaptado.
Carece de zonas de sombra.
Baiona
Segundo nos informan dende a oficina de turismo, este ano hai cadeira anfibia nas praias de Ladeira e A Ribeira.
O servizo dáse de 13 a 19 h. Este horario é incompatible co noso horario de centro, polo que este ano non puidemos ir ver como se atopan estas praias, polo que só podemos ofrecer información das nosas experiencias en anos anteriores, nas que o servizo comezaba mais cedo.
No caso da praia de Ladeira, existe rampla de acceso ata a metade do areal.
Non existen zonas reservadas a persoas con mobilidade reducida, nin zonas de sombra. Tampouco existen zonas nas que deixar as cadeiras, polo que as propias cadeiras acaban obstaculizando o paso pola rampla ao ter que aparcalas nesta para acceder a area ou a auga.
En anos anteriores, ademais de con cadeira anfibia, contaban con muletas.
Conta con baño adaptado. Non con cambiador.
Conta con prazas adaptadas de aparcamento.
Na praia de A Ribeira, tamén contan con aparcamentos e baño adaptado, ademais de con cadeira anfibia
Vigo
Vigo conta con servizo de accesibilidade en Praias os meses de Xullo, agosto e setembro en horario reducido.
Conta con este servizo nas Praias de O Vao e Samil.
Ambas teñen bos accesos ao Areal e contan con espazo onde deixar as cadeiras.
Tamén contan con espazo reservado a persoas con mobilidade reducida preto das ramplas de acceso e zona de sombra tamén reservada.
O servizo de asistencia ao baño funciona moi ben e hai persoal que te axuda a facer as transferencias a cadeira anfibia e a realizar o baño, ou te acompaña camiñando se o precisas.
Contan con cadeira anfibia (unha no caso do Vao, e dúas en Samil).
Contan en ambas praias con cambiador con padiola e Grúa.
En canto aos aseos. No Vao, o único baño adaptado atópase no “chiringuito” da Praia.
En Samil no contan con baño adaptado.
O horario de asistencia ao baño é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h
No caso de O Vao, as prazas de aparcamento reservadas, non se atopan o lado da zona de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida, senón que están situadas en outros aparcamentos. Nos localizamos 2 ao lado do chiringuito.
Unha parte positiva das dúas praias, e que contan con zona de arboleda a súa entrada
Nigrán
Este ano, o concello de Nigrán conta con dúas cadeiras anfibias e muletas.
As cadeiras, atópanse na praia de Panxón.
Contan cunha casetas específica e dúas persoas encargadas da asistencia ao baño.
Este servizo dáse de 12:30 a 20:00h
Esta praia conta con 2 prazas de mobilidade reducida xusto na entrada do Porto. Ademais, uns metros antes, existe outra praza de aparcamento.
Tomiño
En Tomiño, dende este ano, tamén conta con cadeira anfibia na praia de Goián.
Trátase de unha praia Fluvial, que xa analizamos na nosa entrada sobre o Espazo Fortaleza.
Non conta con espazos reservados de aparcamento, nin sombra. Dende a zona de aparcamento, terás que realizar un pequeno traxecto a pe por un camiño asfaltado sen dificultades.
A praia conta con rampla de acceso ata a auga e dende este verán, con cadeira anfibia, que pode empregarse durante o horario de socorrismo, de martes a Xoves de 15:00 a 19:00 e de Venres a domingo, de 13:30 a 19:00.
Contan con baños adaptados (só se a cafetería está aberta), aos que se accede por unha rampa lateral sinaizado cun sinal de aacceso a servizos.
Cangas
Incluímos a Praia de Rodeira, aínda que nos queda lonxe, xa que puidemos desfrutar nela nas nosas vacacións de este ano.
A Praia de rodeira, conta con cadeira anfibia, zona de Sombra e ramplas de acceso.
Tamén conta con prazas reservadas de aparcamento cercanas.














