
20 Mar Rampas Fortaleza Monçao
Este mes presentámosvos un paseo por Monçao, entre o balneario é a fortaleza de Monçáo a través das ramplas de madeira situadas a beira do rio.
En poucas ocasións podemos acercarnos tanto e dunha forma tan especial a zona fortificada dunha cidade, así que parécenos unha ruta orixinal e moi recomendable.
A ruta lévanos a través de unhas ramplas de madeira a parte superior da fortaleza, dende a zona do rio, e despois, poderemos cruzala para pasar ao interior de Monçao.
A pesar de que parte da ruta sexa a través de ramplas, estas teñen unha pendente suave e resultan bastante accesibles.
Trátase por tanto dunha ruta sinxela en cadeira eléctrica, e que precisa lixeira axuda en cadeira manual debido as pendentes se non tes un manexo moi bo da cadeira.
Se realizas a ruta camiñando, tamén te atoparás coa dificultade extra das pendentes, pero conta con numerosos bancos para descansar ao longo deste paseo, polo que a conclusión xeral do grupo é que se trata dunha ruta sinxela.
A chegada, xunto ao Balneario de Monçao, atoparás unha ampla zona de aparcamento aínda que sen prazas específicas para mobilidade reducida.
O chan é de badoquiña e atópase en boas condicións.
Trátase do único tramo ata chegar arriba con chan de este tipo e o que mais problemas te dará se empregas cadeira de rodas ou andador.
Xusto detrás do aparcamento, atópase unha zona de recreo que conta con mesas de pedra con bancos, un pouco incómodas se empregas cadeira de rodas xa que non é fácil aproximarse a elas pola súa forma.
O chan é de terra e ten pedras, non é accesible pero si practicable e conta con rampla de acceso. Detrás de este, atópase parte do paseo da ecopista, un paseo que pegado ao Miño percorre o treito entre Valença e Monçao.
Do outro lado do aparcamento atópase un parque infantil e, ao seu lado, o inicio da nosa pequena ruta.
A ruta iníciase a través dunha zona de arcos ornamentais que proporcionan sombra. Neste tramo, o chan é liso, de pedra, sen dificultades para a marcha. Conta tamén neste treito con numerosos bancos nos que descansar. En todo momento, observarás a túa dereita o rio e a esquerda verás a fortaleza de Monçao, unha das catro grandes fortalezas do Noroeste Portugués
Uns metros despois, atoparemos un paseo de madeira que conecta esta ruta coa pista que vai pegada ao rio e a que podes desviarte se o desexas.
Nos, seguimos de frente, camiño as pasarelas.
Pouco despois, atopamos unha bifurcación que nos permite continuar a ecopista, ou subir cara a fortaleza, nos tomamos esta opción, que é a da esquerda e na que comeza a aparecer o desnivel que nos permitirá ascender ahacia a parte superior da fortaleza a través das pasarelas de madeira.
Estas son de madeira e atópanse nun estado de conservación moi bo. A pesar da lixeira pendente, hai zonas de descanso cada poucos metros, con bancos e que fan as veces de miradoiros ao Rio.
Dende aquí podes observar as termas de salvaterra, trátase do punto de inicio de outra das rutas que vos propoñemos no Blog: Ruta accesible Salvaterra.
Este tramo resultou doado para o grupo de persoas que viñan tanto caminando como en caderias eléctricas. No caso das persoas que fixeroon a ruta en caderia manual, foi preciso axudalos para salvar as pendentes.
Unha vez finalizado o ascenso, atopámonos con una porta na muralla a través da cal podemos cruzar ao interior da vila.
Trátase dunha porta feita na pedra o suficientemente ancha para cruzar con calquer caderia de rodas.
Unha vez cruces, se volves a vista atrás verás un mural feito de azulexos.
O chan nesta zona e mais antiguo, en pedra pero continua aser practicabel. Camiñaremos ata a fonte de danaide por una estrada que compaten coches e paseantes. Éposible que teñas que esquivar nesta zona algún obstáculos como coches aparcados ou as mesas de alguna terraza de cafetería.
As beiraruas, en canto te dirixas a fonte e a praza son o suficientemente anchas e accesibles para as caderias de rodas.
Chegarás entón a ao final da ruta, no miradoiro de Monçao, no que podemos observar o río Miño e a vila de Salvaterra do Miño. Nesta pequena praza, atópase unha escultura adicada a heroína Portuguesa Deu-la Deu, que defendeu ao seu pobo das tropas españolas
Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.
















