
09 Out Reforma terminada
Posted at 09:58h in Novas
E por fin, reforma terminada! En xaneiro comezamos cunha serie de reformas no noso centro de recursos, necesarias para seguir ofrecendo un servicio de calidade a todas as nosas persoas usuarias e, despois dalgunhas complicacións polo camiño (tod@s sabemos que cando comezan as obras non se sabe nunca cando terminan), ¡podemos dalas por rematadas! Reforma que foi posible grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia coa concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e xestionado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).










