
24 Feb ECOPISTA VALENÇA: tramo dende Santuario da Senhora da Cabeça
Hoxe presentámosvos un paseo pequeniño e moi doado do outro lado do Miño.
Trátase de unha ruta lineal, que realizamos xa fai bastantes meses en Valença e que forma parte da Ecopista que unen Monçao, Valença e Vilanova de Cerveira.
As Ecopistas de Portugal, son “paseos” deseñados para realizar a pé ou en bici que unen diferentes puntos de interese ambiental, teñen moitos tramos moi accesibles e nos próximos meses traémosvos algúns puntos moi sinxelos de realizar se buscas un paseo accesible.
A ruta de hoxe iniciámola no parque José Joaquím Álves, e rematámola nun Punto chamado Cristelo Covo.Realizámola un grupo de persoas usuarias de: cadeira eléctrica, cadeira manual, andador ou outras dificultades na marcha que requiren paradas frecuentes para descansar.
Trátase dunha ruta moi fácil e moi curta que alterna zonas de asfalto e cemento con unha pequena zona de badoquiñas.
En paralelo hai unha pasarela de madeira que desaconsellamos se tes dificultades de mobilidade, xa que carece de ramplas de acceso.
No inicio da ruta existe unha zona de aparcamento que non conta con prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida.
Nesta zona atoparás un área recreativa con cafetería, mesas… por desgraza, non é un espazo moi accesible.
A ruta atópase en todo momento paralela ao río Miño, e nela atoparás un paseo de madeira e un tramo que alternará entre asfalto e cemento destinado as bicicletas.
Se empregas cadeira de rodas ou tes problemas para subir un escalón recordámoste que empregues a ruta de cemento, xa que non hai ramplas de acceso ao paseo de madeira e terás problemas cando este finalice o seu primeiro tramo.
Tras uns metros admirando o rio, atoparemos un muelle e un pequeno tramo con cambio de pavimento a badoquiña que, a pesar de algún tramo con desperfectos, está en xeral en boas condicións.
Xusto despois atoparedes un banco de madeira. É o único que teredes no camiño, polo que tédeo en conta se precisades facer paradas.
Tras isto, o camiño prosigue cun novo cambio de pavimento, que volve ser de asfalto e cemento segundo o tramo.
Remata o paseo de madeira, e no seu lugar, aparece cemento, que está lixeiramente alterado, pero sen xerar ningún tipo de perigo.
Pouco despois volverá a parecer a madeira. Cando nos realizamos a ruta algunhas táboas estaban solta, polo que seguimos recomendando que empregues o tramo para bicicletas.
No final da ruta, atopamos en pequeno merendoiro, o acceso e un pouco difícil, xa que o chan é de terra e herba, pero practicable.
Tamén neste punto atopamos algunhas zonas que , por mor das choivas estaban cheas de barro, que facían importante camiñar con mais coidado, ou evitalas coas cadeiras de rodas.
Nos finalizamos aquí o noso paseo, e realizamos a volta aos furgóns.












