Espazo fortaleza

Espazo fortaleza

Espazo fortaleza

En esta ocasión, visitamos o espazo Fortaleza en Goian.  Non se trata de unha ruta en si, se non de algunhas indicacións sobre a accesibilidade de este espazo, situado a beira do rio Miño,  dende o que poderemos desfrutar do forte de San Lourenzo, da praia de Goian ou da Senda Fortaleza.

O espazo fortaleza inaugurouse no 2012 tras unha rehabilitación das inmedicacións da fortaleza de Goián deseñada polo arquitecto Pablo Gallego Picard.

 Trátase de un espazo agradable no que pasar unha tarde, conta con cafetería e baño adaptado (só en temporada de verán. Recomendámoste que consultes antes de ir os horarios da cafetería).

Tamén conta con un pantalán adaptado.  Durante o verán a asociación Sen Amarras adoita organizar saídas nos seus barcos adaptados .

O forte de San Lourenzo ou fortaleza de Goián, empregouse durante o período das guerras de sucesión portuguesa, cando os Bragança toman o trono de Portugal.

Un dato curioso, é que se observas a fortaleza dende o aire, observarás que ten forma estrelada.

Realizamos esta visita un grupo de persoas usuarias de: cadeira eléctrica, cadeira manual, andador, ou outras dificultades na marcha que requiren paradas frecuentes para descansar.

 

Aparcamento: hai dúas zonas onde deixar o coche: 

a CARBALLEIRA. Unha zona de terra e árbores polo que as prazas de aparcamento non están delimitadas e non hai prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida . Se te interesa realizar unha parte da senda fortaleza, é a mellor opción, pero é mais complicada para acceder a praia e servizos do espazo fortaleza. Dende aquí, podes percorrer un bo tramo accesible da senda Fortaleza, seguindo o camiño de madeira.

a carballeira,A outra zona de aparcamento atópase no lado oposto da fortaleza. Tampouco ten prazas reservadas e o chan é de asfalto. Ésta é a mellor opción se queres visitar o espazo fortaleza e tes dificultades de mobilidade xa que conecta con el a través dun camiño de asfalto que se atopa ao outro lado da estrada por enriba do clube de remo Os Teixugos. 

aparcamentoUnha vez remata o camiño, atopamos a nosa esquerda o pantalán accesible, unha pasarela de 1,50metros de ancho e que asegura unha baixada de como máximo un 10% de pendente segundo a altura do rio.

pantalánPodemos admirar dende aquí as vistas do rio Miño con Vilanova de Cerveira ao fondo.

Os chans na zona da fortaleza, son de badoquiñas. Aínda que non son os máis cómodos, resultan completamente practicables para todos nos.

Pasado o pantalán, atopámonos coa praia de Goian.

 A zona de area, conta con unha rampa que chega ata a auga. 

Durante o verán conta con Servizo de Socorrismo sen embargo carece da cadeira anfibia ou de asistencia ao baño.

rampa da praiaSe seguimos o camiño de badoquiñas, podemos ver ó Anfiteatro de Goián e acceder aos cuartos de baño  así como á cafetería.

Trátase de unha zona practicable, con algunha pendente sen maior dificultade.

anfiteatro e bañosEsta zona conecta coa antiga Fortaleza únicamente por escaleiras polo que se a queres visitar e non podes subir escaleiras, terás que acceder pola zona superior (un pouco máis adiante explicarémosvos como).

A zona tamén conta con un parque infantil e unha zona con algunhas mesas que non é accesible.

Se volvemos a situarnos diante da praia,  poderemos acceder a un sendeiro que nos conecta coa ruta Fortaleza así como o aparcamento da Carballeira. Conta cun pequeno salto na entrada (ten especial coidado se tés cadeira eléctrica) e o camiño descrito é moi estreito para unha cadeira de rodas polo que se a empregas poderás pasar pola zona a esquerda do camiño, pero recomendámoste que o fagas con axuda.

camiños fortaleza

camiños fortaleza 2Se queres visitar o Antigo Forte de San Lourenzo, e non podes subir as escaleiras, poderás ver unha zona reducida accedendo dende a parte superior da Fortaleza.

Para acceder a ela terás que regresar á zona de aparcamento e subir a costa. Tendo en conta a súa pendente  recomendámoste que subas en coche.

En canto chegues a parte superior da Fortaleza, atoparás un novo camiño de badoquiñas que en poucos metros cambia a terra prensada.

parte de arribaO camiño de terra ten unha forte pendente, e o chan conta con zonas con moitas pedras e incluso area o que dificulta o paso. Ademais, en inverno o firme esvara. Nos probamos esta zona con un grupo mais reducido de persoas entre as que ía unha persoa con cadeira de roda manual e un usuario de andador.  Non probamos esta zona con cadeira de rodas eléctrica e non podemos asegurar como de segura é. Con cadeira manual recomendámosche que te axuden no derradeiro tramo.

 parte da muralla



Colaboradores