De Sabaris a Ladeira

ruta accesible sabaris a ladeira

De Sabaris a Ladeira

Nesta ocasión propoñémosvos un paseo que comeza no paseo da Foz do Miñor, á altura de Sabarís, e remata na praia da Ladeira. É un pequeno percorrido de apenas 1,5 km. Se queres facelo máis longo, podes unilo con outras rutas que xa vos presentamos noutras ocasións.

Podes aproveitar para descubrir o propio barrio de Sabarís, iniciar a ruta en Nigrán facendo en sentido inverso a ruta Paseo A Foz, na que percorremos o traxecto desde Sabarís ata a rúa Foz (Nigrán), ou alongala en dirección a Baiona coa ruta na que percorremos parte do paseo marítimo e o río Baiña, e que comeza no punto final desta ruta: a praia da Ladeira.

O paseo Sabarís-Ladeira é unha ruta doada e lineal. Conta con baños adaptados ao final do percorrido, algúns bancos e prazas de aparcamento reservadas para persoas con mobilidade reducida (PMR).

Realizamos a ruta un grupo de persoas usuarias de cadeiras de rodas manuais e eléctricas, e tamén persoas con dificultade na marcha que precisan facer paradas frecuentes.resumo ruta

Iniciamos esta ruta en Sabarís, onde atoparás zonas reservadas para persoas con mobilidade reducida e varias zonas de aparcamento de terra.

No noso caso, primeiro fomos almorzar aos bares da zona, polo que comezamos a ruta desde o aparcadoiro do Froiz.inicio da ruta

A ruta comeza por un camiño de terra que se une a un pequeno sendeiro. Este sendeiro cruza unha ponte de madeira e vai paralelo á avenida Foz do Miñor. Neste tramo atoparás algún banco para descansar.

Continuaremos por este sendeiro ata o final, onde atoparemos un paso de peóns para cruzar e entrar no paseo da Foz do Miñor.  Aquí,  atopamos un cambio de pavimento, pasando dunha zona de terra ao paseo da Foz, unha zona con dobre carril: un de cemento e outro de baldosa.paso de peóns e cambios de pavimento

Neste cruce atoparás, nunha rotonda, o “Monumento ao noso ferreiro”. Trátase dunha escultura que representa a Manuel Quintas, ferreiro de fragua e escultor de pedra que viviu nesta zona e faleceu en 2017. A escultura foi realizada pola Escola de Canteiros de Poio. A escultura está situada dentro da rotonda e a placa atópase xusto no punto ao que acabamos de chegar.monumento ao noso ferreiro

Unha vez crucemos de beirarrúa e nos adentremos no paseo, imos camiñar en dirección Baiona (cara a esquerda), polo que en todo momento observaremos o esteiro da Foz do Miñora nosa man dereita.
Este lugar é un espazo natural moi importante para moitas aves migratorias, que fan parada aquí para descansar e alimentarse.

Na Foz do Miñor mestúranse a auga doce do río e a auga salgada do mar, creando un ecosistema con gran diversidade de plantas e animais, e ao longo do ano poden observarse distintas especies de aves, especialmente garzas, patos e limícolas.  Por iso, poucos metros despois atoparemos un observatorio de paxaros cun cartel que inclúe descricións das especies que viven no esteiro da Foz.paseo en dirección estuario, vistas e grafitis

Se continuamos polo paseo, pegado ao estuario da Foz e cara a Baiona, o terreo irá alternando entre pavimento de madeira —sobre todo nas pontes—, zonas de formigón e zonas de baldosa. Seguiremos o paseo na dirección indicada e poderás ver o cámping “Baiona Playa”.

O paseo cruza a estrada que vai ao cámping, pero nós seguiremos sen desviarnos, conectando cunha pasarela de madeira que percorre a zona do esteiro durante varios metros ata chegar ao paseo da Ladeira.paseo Ladeira

En canto cheguemos á zona de baldosa, o camiño contará con bancos cada poucos metros.

Continuaremos camiñando polo paseo ata chegar á praia da Ladeira.

Alí, o primeiro que atoparemos serán os baños da praia. Estaban abertos aínda que non era tempada de praia e contan cun baño accesible con barra de apoio. Non son perfectos, pero si practicables.baños praia de Ladeira

A praia da Ladeira é unha das praias que adoitabamos visitar porque sempre conta con cadeira anfibia. Agora xa non o facemos debido aos horarios nos que se presta este servizo, xa que comeza ao mediodía e non se adapta ben ás nosas necesidades.

O paseo da Ladeira chega ata Baiona e é accesible. Como xa te comentamos, se queres ampliar o paseo podes unir esta ruta con outra das nosas rutas: “Baiona: praia da Ladeira ao Parador pasando polo río Baiña”, ou simplemente continuar polo paseo marítimo que é accesible ata o punto que te apeteza. Praia de Ladeira

Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Espero que vos resulte útil.



Colaboradores