Paseo Monte Boi

Paseo Monte Boi

Paseo Monte Boi

Ruta circular que inicia e finaliza ante o parador de Baiona e rodea o Monte Boi.

A ruta presenta certa dificultade debido a súa extensión (non é posible coller atallos se non a consegues facer completa) e a rampla final (longa, con gran pendente e estreita), polo que recomendamos que non a fagas sen ter certeza de poder realizala.
Fixemos esta ruta un grupo de persoas usuarias de cadeira de rodas manuais , eléctrica, e persoas con moi leves dificultades na marcha.

resumo da rutaIniciamos a ruta ante o parador de Baiona, no Parque da Palma, alí atopamos 2 prazas de aparcamento reservadas a persoas con mobilidade reducida.

Este Punto é o mesmo no que se atopa a Praia de Ribeira, unha das praias do concello con servizo de baño accesible e da que te falamos na nosa entrada sobre praias accesibles (hipervínculo a praias accesibles).

Antes de iniciar a ruta, podes admirar dende esta Praia a carabela Pinta. Trátese dunha réplica da carabela que chegou a Baiona capitaneada por Pinzón e que se pode visitar, aínda que non é accesible en cadeira de rodas.aparcamento e praiaNas inmediacións do aparcamento está situada a oficina de turismo, os baños da praia (un deles accesible) e tamén hai un panel informativo adaptado en braille con información básica sobre que visitar neste paseo por Baiona. 

Os baños da praia estaban abertos (a pesar de realizar a ruta no mes de febreiro), polo que supoñemos que non os pechan en todo o ano. 

O espazo permite a entrada dunha cadeira de rodas, e nalgún momento contou cunha barra agarradeira, pero en estes momentos esta non estaba.

En outras ocasións, empregamos os baños da oficina de turismo.baño adaptado

Para realizar a ruta mais comodomante, recomendamos comezar cruzando o parque da Palma, rematando polo parador.

O parque da Palma ten un pavimento de terra prensada, pero presenta en algunhas zonas moita gravilla solta, polo que debemos ter coidado de non esvarar xa que hai unha pequena rampla para o acceso ao parque. Conta con mesas para comer, mesa de pimpón, pistas de baloncesto e un parque infantil con un Bambán adaptado. Unha vez atravesamos o parque da Palma, chegamos a unha zona de mirador sobre a Praia da Ribeira. parque

Dende a Praia da Ribeira temos unhas vistas moi boas do Océano Atlántico. Tamén Vemos de fondo o parador, cos seus tres quilómetros de muros pertencentes, segundo indica a páxina do concello, ao período entre os séculos XI e XVII.inicio paseo

A nosa dereita, atopamos un panel informativo sobre o Monte Boi que está no inicio da senda e indica algúns datos históricos da zona. Trátase dun cartel que resulta demasiado alto para ler a súa información co tamaño de letra que ten se vas en cadeira de rodas ou se tes unha estatura baixa. 

Ademais, a letra  é moi pequena e existe gran cantidade de información moi xunta, sen alternativas de accesibilidade nin cognitiva nin sensorial.

O inicio da senda é un pouco empinada (quizás precises facela con axuda) , con pavimento de pedra en moi boas condicións. Ao longo da ruta hai numerosos bancos de pedra nos que poder tomar un respiro e desfrutar coas vistas (se fai un día despexado). Pódese desfrutar do mar, das vistas das illas Cies e das Estelas  e tamén poderedes ver ao inicio da ruta e ao fondo a Virxe da Roca, obra do arquitecto Antonio Palacios.inicio e vistas

Durante a ruta, pasamos por un saínte que fai de mirador, pero con acceso de escaleiras, sen acceso para persoas con mobilidade reducida. tamén conta cun parque para cans e o acceso a algunha pequena praia, pero tampouco son accesibles. 

De todas formas, o paseo segue sendo moi recomendable empregando o camiño principal, sen ningunha dificultade mais no terreo que os desniveis naturais da península.c

O parador é unha antiga fortaleza hoxe parador que durante os anos sufriu numerosas reformas.

Tamén atoparas varias zonas con paneis informativos nos que te describen diferentes detalles sobre a zona ou o propio parador, como que a Torre do Príncipe era empregada como facho para facer sinais aos barcos ou que esta presenta unha das mais antigas representacións do escudo de Baiona coñecida.

 Durante o camiño, pasamos por diversas zonas como un monumento a virxe Do Carme, ou uns arcos facendo unha cúpula no camiño.zonas da senda

Xa chegando ao final da nosa ruta, chegamos a unha antiga cetárea reconvertida en talasso natural, aínda que non sabemos se está en funcionamento na actualidade. En este momento non o estaba. Durante un corto treito, o pavimento pasa a ser de badoquiña. Despois alterna zonas en formigón e badoquiñatalasso natural

Chegaremos agora as zonas mais delicadas da ruta debido ao desnivel de dúas rampas que se atopana ao lado das zonas con escaleiras.

A primeira de elas, atópase xusto ao lado dun portal de acceso ao parador. 

Se o portal do parador está aberto, recomendámoste que finalices por dentro a ruta xa que é moito mais doada, se non o está, poderás empregar a rampla indicada como acceso adaptado con sinais. Trátase dun punto do camiño non moi doado xa que é un paso estreito e con bastante pendente (fai este paso con axuda ). 

Pouco despois, atoparás a segunda rampla. Trátase do tramo mais complicado da ruta. A súa pendente, é excesiva, conta con dous tramos de rampla con un pequeno descanso e na parte baixa deberás ter ademais moito coidado para que as rodas non saian de esta e pasar a zona de escaleira. Non intentes salvala se non tes axuda para facelo.

Se realizas a ruta en cadeira de rodas, ten en conta que esta rampla ten unha pendente brusca e algunhas das cadeiras de rodas tiveron que realizala basculadas e con moito coidado. Quizás sexa valorable nestes casos facer a ruta en sentido contrario, subindo e non baixando estas ramplas.

Xusto ao final da ruta, atópase a Praia de Barbeira, que como podedes observar no seguinte bloque de fotos, ten accesos de madeira a area. acceso a praia

Rematamos a ruta, volvendo a entrada do parador cruzando a Porta de Felipe IV con dúas pequenas ramplas, estas si, sinxelas de salvar e que nos deixarán de volta na Praia da Ribeira.Parte final da ruta

Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.



Colaboradores