Ruta accesible Panxón

Portada ruta Panxón

Ruta accesible Panxón

En esta ocasión, propoñémosvos  unha pequena ruta lineal que iniciamos na praia da Madorra, desviándonos a admirar o templo Votivo, o porto de Panxón e o seu paseo marítimo.

A dificultade da ruta é baixa, destacandosó una rampla ao inicio, que facilmente se pode evitar.

Presenta pavimentos en madeira, pedra, plaqueta e asfalto.

Realizamos esta ruta un grupo de persoas usuarias de cadeira de rodas autopropulsable, eléctrica e con dificultades de deambulación.resumo ruta

No noso caso, comezamos a ruta na Praia da Madorra. Alí, hai unha pequena zona de aparcamento, sen prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida. Si as hai durante a ruta, polo que as marcaremos mais adiante. Non se trata dunha praia accesible, só a poderemos desfrutar dende o paseo.

Accedemos ao paseo de madeira, despois dunha pequena subida na que quizá precises axuda se empregas cadeira manual (foto número 1). Ao final da subida ten o pavimento roto, o que complica o acceso ao paseo lixeiramente. 

Podes evitar isto, comezando o paseo dende a estrada xeral.Paseo praia de MadorraO paseo de madeira atópase en moi bo estado. Aínda que se estreita en varias zonas, colle unha cadeira de rodas perfectamente. O paseo tamén presenta varios bancos nos que descansar se o precisas.Paseo maritimo

O final de este paseo de madeira, presenta lixeira dificultade por desniveis do terreo.

A partir de aquí, remata o pavimento de madeira e pasamos a unha beirarrúa.

Cruzaremos a estrada por un paso de cebra nun badén que fai que non apareza ningunha dificultade no cruce.Beirarua e paso de cebra

Na nosa ruta observamos a nosa esquerda o Porto de Panxón, volveremos a el ao final da ruta pero indicámolo xa para sinalar que existen dúas prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida.

Seguindo a nosa ruta en dirección ao templo Votivo, aparece una terceira praza de aparcamento reservada a persoas con mobilidade reducida.Porto de Panxón

Uns metros despois , aparece una entrada a esquerda con cambio de pavimento, este pasa a ser de pedra e atópase en bo estado. Trátase dunha zona semipeatonal, que carece de beirarrúas. Atópanse moitos coches aparcados que deberás sortear, pero faise sen dificultade.

 A poucos metros atoparás O Templo Votivo , obra do Arquitecto Porriñés Antonio Palacios e consagrado a Virxe do Carme. Tamén dende aquí se observa o arco visigótico, resto da antiga igrexa. Dende este punto, podemos observar a igrexa, pero non acceder a ela, xa que so é posible a través de escaleira. Pódese acceder ao templo dende a zona posterior, pero o acceso realizase a través dunha forte pendente moi longa, polo desaconsellamos facelo se non tes moita axuda. Nos subimos en outra ocasión con gran esforzo, polo que preferimos recomendar este punto no que poderás observar tanto a igrexa como os restos .Templo votico

Deixamos o templo Votivo, e desandamos o camiño para rematar a nosa ruta no paseo da Praia. Trátase dun paseo de pedra en bo estado, que poderás percorrer sen dificultades. No noso caso, por tempo non o gravamos completo, pero o poderás alargar todo o que desexes. Esta Praia si é accesible e está incluída na nosa entrada sobre Praias.  Trátase da única Praia de Nigrán con posto de accesibilidade este verán.

PraiaEsta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.

 



Colaboradores