Ruta Piñeiral Castrexo

Portada ruta piñeiral castrexo

Ruta Piñeiral Castrexo

En esta ocasión visitamos Camposancos (A Guarda) onde coñecemos o Piñeiral Castrexo, un espazo artístico no espazo natural. 

Trátase dunha ruta lineal, que inicia na praia do Muiño e finaliza no Puntal.
A ruta atópase en bó estado, aínda que debemos ter en conta que coa choiva, a madeira pode esvarar un pouco .

Ademais do Piñeiral Castrexo, poderás desfrutar das vistas da desembocadura do Miño, e a Insua, un antigo espazo fortificado Portugués.

Realizámola un grupo de persoas usuarias de: cadeira eléctrica, cadeira manual, andador, ou outras dificultades na marcha que requiren paradas frecuentes para descansar.
Trátase dunha ruta moi fácil principalmente en madeira (no momento de facer a ruta todo estaba en bo estado) .E a súa distancia é de 800 m. (ida). 

resumo

A nosa chegada, aparcamos nunha das 5 prazas reservadas á persoas con mobilidade reducida que se atopan entre a entrada da ruta e a Praia do Muiño. Cabe destacar, que se aparcas nas prazas que se atopan baixando cara a praia (foto 1), terás que ir ata o inicio da pasarela de madeira ou ao inicio do paseo pola estrada se empregas o asento do condutor. Se empregas o copiloto, terás que salvar un moi pequeno desnivel dende a pasarela ata a estrada se vas dirección a praia. (foto 3)

No caso de que aparques “saíndo da praia” (foto 2), sucederache o mesmo. Se vas no lado do copiloto, deberás ir ao final da paserala para poder cruzar a estrada, aquí sen desniveis. 

AparcamentoAntes de comezar a ruta, podes  aproximarte a Praia de O Muiño coa súa zona con bancos, cafeterías e praia. 

En estes momentos, trátase da praia accesible do Concello de  A Guarda, aínda que o seu acceso requira algo de axuda. 

Poderás ver en esta zona, un panel informativo sobre a guerra de “Restauraçao Portuguesa” , a vila de Caminha no outro lado do rio, a insua (da que te falaremos mais adiante) e a desembocaduro do Minho no oceano atlántico.

praia do muiñoEsta zona da praia, conta con baños públicos, que están abertos sempre en temporada de Praia. 

baños adaptados

A ruta do piñeiral castrexo, comeza xusto detrás das prazas de aparcamento da dereita (baixando cara a Praia). 

Toda a ruta ten pavimento de madeira en un estado bastante bo. 

Cabe destacar que, debido a humidade do inverno, nas zonas de sombra pode esvarar lixeiramente, polo que te recomendamos precaución se a realizas en inverno. 

O tramo que propoñemos dura menos de un kilómetro e non atopamos zonas de descanso ata o final. 

Este paseo, forma parte de unha ruta mais longa, a senda azul, que chega ata a praia de Area Grande, toda a ruta dende este punto, é practicable con mobilidade reducida, aínda que é demasiado longa para nos e por iso a presentamos en tramos.

ruta piñeiralO piñeiral Castrexo constitúe unha obra de arte perecedoira.
Está composta por símbolos castrexos pintados na cortiza das árbores, que se poden observar, situándose sobre as iconas de dous pes que observarás durante o camiño.

Ao inicio da esta ruta ataparás un panel informativo con información sobre cada símbolo.

puntos intereseAdemais de disfrutar do Piñeiral Castrexo, durante a ruta poderás desfrutar das vistas da desembocadura do río Miño, coa praia de Moledo (camiña) a o fondo. 

Tamén poderás observar a Ínsua, un forte construído no século XVI e empregado por Portugal para defenderse na guerra de independencia. Unha das características curiosas de este lugar e que se trata dunha zona con pozos de auga doce. Hoxe de carácter privado.

fermosas vistasAo longo do camiño, existen algúns puntos de acceso ao areal, son ramplas con unha pendente lixeiramente brusca pero practicables, que rematan en zonas de terra. 

A zona de areal non é accesible.

Se queres desfrutar das vistas do areal, recomendámoste que empregues o camiño sinalado con letreiro de “playa”. Este camiño está en peores condicións que a senda principal, pero é perfectamente practicable. 

arealDurante o camiño, seguirás puidendo desfrutar de mais debuxos nas árbores.arboresXa a final da ruta, atoparas unha antiga salina. Ao súa beira comeza un camiño de terra practicable con a cadeira de rodas a inda que podes precisar algo de axuda na entrada para que as rodas no se enterren, tras a uns metros atoparas un novo mirador. 

SalinasChegamos ao final da ruta. Finalizamos o noso paseo en este punto, coñecido coma O Puntal, onde atopamos unha zona de mirador, mesas, e bancos .
Tamén existen en este punto unha praza adaptada, aínda que as indicacións de esta atópanse bastante borradas.

O puntalA partir de este punto, o paseo pódese proseguir pola zona sinalada como accesible se o desexades. Cabe destacar que o camiño ata o seguinte punto de acceso en coche é longo. Ésta é a razón pola que nos fixemos únicamente este tramo.

Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.



Colaboradores