Ruta accesible pola mariña de Tui

Ruta Mariña Tui

Ruta accesible pola mariña de Tui

A nosa ruta iníciase no embarcadoiro de Tui e finaliza debaixo da ponte internacional. 

O terreo presenta pouco desnivel (agás unha pequena pendente moi pronunciada xusto na metade do camiño), e apenas hai dificultades no pavimento. Ademais, existen numerosas zonas onde descansar, e ten unha lonxitude de 1,5Km (ida) 

Trátase polo tanto dunha ruta lineal de dificultade fácil. 

Realizamos a ruta un grupo de persoas usuarias de cadeira de rodas manuais, e con dificultades na marcha, usuarias de andador, bastóns ou que precisan descansar con frecuencia. 

resumo da rutaComezamos o noso paseo dende unha zona de aparcamento na que deixamos a nosa furgoneta. Esta situase ao lado da Mariña, xunto o embarcadoiro.  

Trátase dunha zona con terreo badoquiña e de terra, no que non se atopa ningunha praza reservada a persoas con mobilidade reducida.  

APARCADOIRODespois ,xusto neste punto atopamos unha pequena praia fluvial que non é accesible. Durante só uns metros atopamos badoquiña que se atopa en boas condicións que rapidamente se substitúe por madeira . Nesta zona tamén se atopa un porto e un peirao. praia fluvial

 Logo a ruta continúa cunha pista de madeira tamén en boas condicións. está lixeiramente elevada do chan, polo que non hai zonas de descanso, as cales si aparecen uns metros mais adiante. 

Xusto ao comezo hai unha fonte de auga potable, con billa para beber para persoas e para animais. Se vas en cadeira de rodas, lamentablemente non é accesible.  inicio paseo

Nesta zona tamén se atopa un pequeno parque infantil que, aínda que conta con rampla de acceso, ten un chan de area, o que imposibilita entrar con cadeiras de rodas ou andadores. 

Proseguimos o noso paseo pola senda de madeira ata chegar a unha praza de pedra. Nela atoparás bancos, unha fonte que tampouco é accesible en cadeira de rodas, e unhas escaleiras que conectan coa “zona vella”. A partir de esta escaleira, poderás apreciar tamén os restos da antiga muralla. senda madeira

Retomamos o paso de madeira que continúa en boas condicións. Neste tramo, hai algún banco pero de difícil acceso, xa que habería que baixar do paseo. 

 Xusto ao final da pasarela , atópase un merendoiro con mesas e bancos de pedra.  

Aínda que é posible acceder con cadeira de rodas (a través dunha pequena rampla con bastante pendente), o acceso as mesas non é moi bo, xa que estas son moi anchas e apenas collen as pernas sentados nin dende a nosa cadeira nin dende os seus propios bancos.  merendoiro

Dende o mesmo lugar comeza aquí o Parque de O penedo, con unha tirolina e un tobogán.  

Chegamos agora ao punto mais crítico da ruta, unha pendente moi pronunciada que se vas en cadeira de rodas, precisarás axuda para superar parque o penedo

Temos outra pequena zona de aparcamento con poucas prazas de aparcamento e sen ningunha praza reservada a mobilidade reducida 

No parque de O penedo, atoparás unha zona accesible, con pavimentos de pedra e badoquiña. Conta cunha zona con máquinas de exercicio físico, dous parques infantís, bancos, unha fonte, esta si accesible en cadeira de rodas. Tamén conta cun “chiringuito”. Neste hai uns baños, pero non hai baño accesible e os que hai son de difícil acceso. 

 Tamén poderás desfrutar das vistas do rio Miño, diferentes zonas con bancos como a o bambán da “gaiola” que se ve nestas fotos. Tamén conta con unha zona de merendoiro.  

Dende aquí o paseo continúa con chan de badoquiña, moi cómodo. zona pavimentada

Pasamos por unha cancha con canastras, pero cun acceso relativamente complicado con un par de chanzos. 

O paseo continua a beira do Miño, con zonas de herba e bancos en algúns puntos.  

Cruzaremos un pequeno rio por unha ponte totalmente accesible. trátase do rio Cotarel ou Seixal. 

Se te das a volta e miras atrás, poderás desfrutar tamén das vistas da catedral de Tui. vistas

Despois, no tramo que está por seguir, aparecen diferentes zonas de descanso ao longo do camiño. Tamén pasamos por un pequeno peirao onde atraca o “barco viquingo” que fai rutas dende Portugal polo rio Miño. 

O paseo continúa ata chegar a unha nova zona de aparcamento, situada ante os clubes de piragüismo e de remo. Zona na que, por certo, si existe unha praza de aparcamento reservada a persoas con movilidade reducida. continuacion paseo

 Chegados a este punto, dámoste dúas opcións, xa que o noso grupo se dividiu.  

Podes finalizar aquí a túa ruta, desfrutando das vistas da Fortaleza de Valença  dende unha zona de gradas situadas xusto aquí, e que se empregan tamén para ver as competecións de remo e piragüismo que se celebran na zona, ou incluso tomando algo na cafetería que se atopa no interfederado, ou podes continuar a túa ruta por un sendeiro de terra ata a Ponte internacional.  

gradas de Tui

Se continúas a ruta, atoparaste con un tramo lixeiramentemais complicado, xa que o terreo é de terra, pero é practicable. Se queres facelo, terás que cambiar de beirarrúa antes da zona de aparcamento, xa que despois non hai baixada dende a zona de gradas. 

Aínda que aparece algún danos por efecto da choiva, o camiño atópase nun estado practicable.  

Tamén debes ter en conta, algunha pendente lixeiramente acentuada, que nos fixemos con axuda. O camiño segue indo a carón do Miño, e trátase de unha zona moito mais sombreada. 

 Finalizamos a ruta na parte inferior da ponte internacional antiga. Trátase dunha ponte centenaria, pola que pasan peóns, coches, e o tren, e forma parte do Camiño de Santiago. Dende aquí hai unhas escaleiras que te permiten chegar a parte superior, pero non existen opcións accesibles, polo que a nosa ruta remata aquí. 

sendeiro ata a ponte internacional

Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.



Colaboradores