Ruta Sabarís

ruta Sabarís

Ruta Sabarís

Dende Vontade comezamos con esta ruta o noso novo proxecto de achegamento de distintas rutas da contorna do Baixo Miño e arredores accesibles para persoas con mobilidade reducida.

Presentación da ruta accesible

Trátase dunha pequena ruta circular, de algo mais de 2 quilómetros e medio, que iniciamos na porte Románica de A Ramallosa, realizando un paseo no que se pode desfrutar do núcleo urbano de Sabarís e das vistas do Esteiro da Foz.
Trátase dunha ruta que catalogamos como de dificultade moderada, unicamente debido a un par de pendentes lixeiramente pronunciadas e algún problema no pavimento que nos fixo ter que modificar a ruta ou baixar a estrada en un punto concreto.
Realizamos esta ruta un grupo de persoas composto por persoas usuarias de cadeira de rodas manual, cadeira de rodas eléctrica e dificultades na marcha que empregan andadores ou bastón e precisan descansar de forma frecuente.

Resumo da ruta accesible por Sabaris

  • Distancia: 2,75 Km
  • Punto de saída: Ponte Románica
  • Punto chegada: Ponte Románica
  • Dificultade: moderada
  • Tipos de pavimento: Baldosa, asfalto, madeira, formigón.
  • Baño adaptado: Carece de baño publico, si hai bares con aseo adaptado e tamén hai baño na praza de abastos.
  • Aparcamento: Ao longo da ruta existen aparcamentos adaptados. Non os hai na zona de inicio marcada .
  • Zonas de descanso: Abundantes bancos

Comezamos…

Aparcamos diante de Correos. Nunha zona de aparcamento en batería, aproveitando a praza ao lado do paso de cebra para ter espazo para as cadeiras de rodas. Cabe destacar que non había na zona ningunha praza adaptada. Si existen varias durante a ruta que imos realizar.
aparcar furgón

Comezamos a ruta, aproveitando o aparcamento, no Pazo de Cadaval do que únicamente contemplamos a parte traseira.
pazo de cadaval

A continuación, xusto a esquerda de este pazo, apreciamos a Ponte Románica de Ramallosa.
Esta ponte non é accesible debido ao seu pavimento, polo que recomendamos mirala só dende fora se tes dificultades de deambulación ou empregas cadeira de rodas.
Aínda que popularmente se coñece como romano, esta ponte construíuse no século XIII e pertence ao románico tardío. Polo que se nos fixamos nos seus 10 arcos, podemos apreciar que algúns son de medio punto mentres que outros xa se aproximan ao estilo gótico.
A lonxitude total da ponte supera os 90 metros.
En metade da ponte está unha figura de san Telmo e un retablo con 3 ánimas. Realizábanse nesta ponte bautismos prenatais.
ponte romanico de ramallosa

Dirixímonos despois cara o núcleo urbano de Sabarís. A única dificultade do paseo será esta pequena pendente. Difícil de superar en cadeira de rodas sen axuda. Podes evitala aparcando na zona de arriba e mirando a ponte dende a ponte moderna.
pendente ao ponte romanico

A primeira zona que atravesamos ten baldosas no chan, e algúns desniveis por entradas de garaxes fáciles de solventar, tamén existen algunhas zonas con chan de cemento.
pavimento en mal estado

Chegamos así ao núcleo urbán de Sabarís, recentemente humanizado, ten moi poucos desniveis, sendo moi sinxelo desprazarse en cadeira de rodas.
Conta con pavimento de pedra, con zonas de pavimento diferenciado nos pasos de cebra, zonas para descansar abundantes, e prazas de aparcamento reservado para mobilidade reducida.
beiraruas e zonas pa descansar

Ao longo do paseo, atopamos diferentes casas, algunhas indianas, que nos parecen interesantes, tamén numerosos bancos nos que descansar e cafeterías e pequenas tendas.
casas da contorna

Pouco despois de entrar en Sabarís, atopamos a igrexa de Santa Cristina, construída no 1917, de estilo Neogótico, na torre central destaca a torre do reloxo, obra do arquitecto vigués José Franco.
Anteriormente existía en esta ubicación outra igrexa do século XIII.
Conta con dúas ramplas de acceso, unha a cada lado, de pedra e con bastante pendente, pero súbese (con axuda se vas en cadeira de rodas manual). Ao final da rampa, hai un desaugadoiro que dificulta a subida. O acceso a igrexa é liso, se a atopas aberta, pódese entrar sen dificultade.
igrexa Santa Cristina

Seguimos o camiño observando as casas, recomendámosvos que vos fixedes nos diferentes detalles das fachadas. Tamén, ao longo do camiño se atopa algunha praza de aparcamento reservada a persoas con mobilidade reducida.
casas de sabarís

Seguimos uns metros máis ata que cambia o pavimento desaparecendo a pedra e comezando un tramo de baldosas que despois rematan para dar paso a un tramo de cemento, volvendo a aparecer dificultades no pavimento.
A pesar de estas dificultades, conseguimos chegar ata a praza do Mercado pola zona de beirarrúa, aínda que algunhas zonas non están nas mellores condicións.
pavimento sabarís

Chegamos a unha pequena praza coñecida como a praza do Mercado.
Se queres acceder a ela, só poderás facelo por detrás, dende o estanco, xa que é a única zona sen peldaños.
praza do mercado

Na entrada atoparedes unha fonte e ao fondo a «Ponte vella».
A coñecida como Ponte Vella, é unha ponte románica con estrutura do século XV que cruza o Río Groba.
Por aquí discurría o antigo camiño real que viña pola costa dende o Mosterio de Oia e pasaba por Baiona en dirección a Vigo.
Poderemos ver esta ponte pero non cruzala se empregas cadeira de rodas, xa que de un lado presenta un escalón, e do contrario, varios.
ponte vella

O seguinte tramo de aceras, que nos leva ata o mercado, non posúe rampas de acceso, o que dificulta poder subirse a elas sen axuda, e obriga, en algúns casos a facer este tramo por estrada.
saida praza

O mercado de Sabarís conta cunha zona de espazo multiusos onde en ocasións hai exposicións e outros eventos e con unha praza de abastos.
o mercado

Dende o mercado, pódese conectar con un paseo a beira do rio que nos non exploramos, pero polo menos o inicio parecía ter un bo pavimento e ser accesible.
No noso caso, continuamos pola estrada para adentrarnos cara o Camiño das monxas e facer unha ruta circular que nos levase de volta ao punto inicial.
As beirarrúas de este pequeno tramo ata o Camiño das Monxas non se atopan nas mellores condicións, pero son practicables.
O camiño das monxas, non dispón de beirarrúas, e faise o tramo por estrada, ben asfaltada e sen dificultades ata a costa arriba final que nos deixará conectar co paseo da Foz.
beirarruas en mal estado

Unha vez finalizado o camiño das monxas, cruzaremos a estrada para realizar o final da ruta polo paseo, desfrutando das vista da Foz do Miñor.
camiño ata o esteiro de Foz

O paseo ten bos pavimentos polos que transitar, pudendo desfrutar con tranquilidade das vistas.
Atopamos ao final do camiño unha zona con bancos e de descanso.
Cabe destacar que a saída de esta praza NON é accesible se empregas cadeira de rodas, polo que deberás saír polo carril bici en dirección a beirarrúa da estrada.
tramo final da ruta

A nosa ruta Finaliza aquí, é posible conectar esta ruta en ambos sentidos continuando pola zona de paseo cara a Ramallosa ou Baiona, pero, pola nosa resistencia camiñando, démoslle fin en este punto volvendo ao lugar onde se atopan aparcadas as nosas furgos.
Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Espero que vos resulte útil.
Ruta accesible Sabarís



Colaboradores