Ruta accesible Salvaterra:  Termas de Oleiros- Parque da Canuda

Ruata accesible por Salvaterra

Ruta accesible Salvaterra:  Termas de Oleiros- Parque da Canuda

En esta ocasión, realizamos unha ruta no concello de Salvaterra do Miño.

Iniciamos a ruta nas termas de Oleiros, e rematámola no parque de A Canuda.

Trátase dunha ruta lineal, de dificultade media (debido a unha pendente na metade do camiño).

Realizámola un grupo de persoas usuarias de: cadeira eléctrica, cadeira manual, andador, ou outras dificultades na marcha que requiren paradas frecuentes para descansar.resume da ruta

Conta cunha ampla zona de aparcamento de terra, e varias prazas no asfalto, unha de elas  reservada a mobilidade reducida.

Dende o aparcamento, hai un camiño indicado para peóns de asfalto e en bo estado, pero é estreito se dúas cadeiras de rodas se cruzasen.

A praza reservada atópase xusto ó lado do camiño.aparcadoiro termas

A entrada as Termas é de cemento, e non ten ningún obstáculo. Pero se queres realizar o paseo, deberás entrar entre a baia para impedir o paso de vehículos e a entrada das termas, xa que o acceso despois terá un salto se non o realizas así. 

A primeira parte de este paseo ten pavimento de gravilla solta, sen embargo atópase en moi boas condicións e non tivemos ningunha dificultade para realízalo. Entrada as termas e ao paseo

Para realizar a ruta en dirección ao parque da Canuda, teremos que xirar no primeiro cruce, bordeando o peche das termas, as cales, por certo son bastante accesibles como vos contaremos nunha próxima entrada.

Xusto nesta zona hai un espazo con mesas e bancos de pedra. Tamén encontrarás bancos de madeira para poder descansar.camiño e zoas de descanso

Todo o paseo o realizaremos pegados ao Rio Miño, admirando a flora de ribeira e as vistas da fortaleza de Monçao.

Ó chegar ao rio, atopamos un cartel informativo sobre unha ruta de 7.6 quilómetros. Este cartel está bastante alto o que dificulta a lectura se empregas cadeira de rodas ou tes unha estatura moi baixa, a letra é pequena e non hai opcións accesibles, nin a nivel sensorial nin a nivel cognitivo. Conta cun código Qr para seguir a ruta. Cabe destacar que nós non fixemos esta ruta completa, só coincidimos con ela nun tramo. 

Ao longo do paseo atopamos varios carteis informativos sobre flora e fauna da zona. sen embargo debido a súa posición e altura, foi imposible para todas as persoas que empregamos cadeira de rodas ler a información. Ao igual que o anterior carece de opción de lectura fácil e opción braille.carteis non acesibles

Existen bancos ao longo do camiño. Pero estes non teñen fáciles accesos. Se tes dificultades na marcha, podes ter problemas para acceder a eles xa que en case todos hai pendente ou chanzos. 

Continuamos o paseo a beira do río uns metros mais, ata que o terreo cambia, para aparecer dous camiños, un peonil de pedra, e un carril bici de asfalto. 

Se tes dificultades na marcha ou empregas cadeira de rodas, recomendámoste que vaias polo carril de asfalto.pavimento

O punto con maior dificultade da ruta é,  como se pode apreciar na foto, unha pendente pronunciada que terás que subir para inmediatamente despois baixar.

Neste Punto, na metade da costa, atoparedes bancos para descansar e dous paneis sobre a fauna da zona. 

Unha vez chegues a parte alta, poderás ver a Ponte internacional ao fondo, así como unha preciosa vista de Portugalpendente pronunciada

Dende esta zona podes observar unha pesqueira e nun cartel informativo, explicarante que son.

Na baixada, tamén atoparedes un panel sobre o contrabando polo rio Miño. 

Neste punto, se vós fixades na zona de monte, poderedes ver varias siluetas que representan a historia do contrabando que se realizaba no rio, cruzando materiais como café.

Tamén hai un miradoiro, pero este non é accesible se non podes subir grandes tramos de escaleiras.miradoiro

Uns metros despois, o pavimento da zona peonil cambia, aparecendo pedra lisa, en bo estado, excepto nun par de puntos. 

Comezamos a avistar a man dereita a fortaleza de Salvaterra, unha construción  defensiva que foi utilizada para contrarrestar as guerrillas portuguesas.

 É accesible e pódese visitar accedendo dende o lado contrario ao que nos atopamos.  Tamén conta con un museo do viño do Condado.fortaleza salvaterra

Xa na zona urbana de Salvaterra, durante uns metros, atopamos badoquiña, indicando unha entrada a zona de rio de transporte, xa que é a zona dende a que saen as piraguas. rio miño

Rematamos a ruta diante do parque da Canuda, onde atoparedes varias prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida.zoas de aparcamento

Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.



Colaboradores