Arcade (Soutomaior): do peirao de Arcade á ponte de Pontesampaio

Ruta por Soutomaior

Arcade (Soutomaior): do peirao de Arcade á ponte de Pontesampaio

En esta ocasión desprazámonos ata Arcade, no concello de Soutomaior, para realizar una pequena ruta que non coñecíamos ata agora. Trátase dunha  ruta lineal que percorre o Peirao de Arcade, unha zona costeira no concello de Soutomaior. Trátase de unha ruta sinxela de realizar xa que hai poucos desniveis.  

O pavimento é de terra prensada e de madeira e atópase en moi bo estado.  

Ademais, conta con bancos por todo o paseo, baños públicos, paneis informativos accesibles ao longo da toda a ruta e zona de picnic.  

Realizamos a nosa ruta un grupo de persoas usuarias de cadeira de rodas manuais e eléctricas, andadores e persoas con dificultade na marcha que precisan paradas frecuentes.  “`html

Powered by

Wikiloc

“`
Iniciamos a ruta nunha zona de parque boscoso, cunha praza de aparcamento accesible, un parque infantil e un bar que se atopa moi preto dunha zona de merendoiro con mesas e bancos á sombra.  

Detrás do bar están os baños adaptados.  

Entramos ó paseo cruzando o bar por un pequeno sendeiro de terra. Este tramo e do máis complicado da ruta xa que atopamos algunhas raíces que invaden o sendeiro e tamén algunha pequena fochanca, todo isto sen grandes complicacións para salvalo.  zona aparcadoiro

A zona conta cuns baños públicos nos que existe baño adaptado.  

Trátase dun baño amplo, con espazo para a cadeira de rodas. Non obstante, debemos saltar un pequeno desnivel para acceder, aínda que nos parece sinxelo para calquera cadeira de rodas. Na actualidade conta cunha sola agarradoira no bater no lado esquerdo. O lavabo e o espello tamén son accesibles.  Baño adaptadoInicio ruta

Tras pasar a zona dos baños, empeza a anchear o camiño. A partir de aquí o terreo pasa a ser de terra prensada. Atópase en boas condicións, e conta con zonas de bancos que xunto ao pouco desnivel fan a ruta moi sinxela. Pasearemos, a carón da praia de Muxeira, unha zona con algúns bancos e no que nos chamou a atención que nunha propiedade privada atópase unha estatua moi similar ao cristo de Corcovado  Estatua curiosa

Un dato a ter en conta se queres realizar esta ruta, é que unha vez pasada a zona do merendoiro inicial, apenas hai zonas de sombra.

Seguindo a nosa ruta, aparece un cartaz moi ben adaptado tanto pola súa altura coma pola súa escritura tanto impresa coma en braille e contando ademais cun QR accesible a través de NaviLens, sendo un dos cartaces máis accesibles que atopamos ata ó momento. Este tipo de cartaz repítese ao longo da ruta describindo a natureza e historia da zona.  cartaz accesible

A continuación, atopamos unha zona de exercicio cun parque saudable e unha zona de recreo. 

A primeira zona (foto A) é posible chegar sen dificultades, sen embargo a segunda foto (foto B) está situada nunha zona alta difícil de alcanzar se tes problemas de mobilidade.  

Continuamos o camiñodende o parque saudable ata o seguinte cartaz informativo.  zona exercicio

Segundo nós explica este panel, atopámonos na Enseada de San Simón, unha zona chea de vida onde maragotas, pintos, chocos, ostras e berberechos proliferan. Tamén é unha zona de paso de un montón de aves mariñas.

 

A continuación, pasaremos por unha nova praia chamada Matilde, e polo camiño atoparemos algúns bancos.  Paseo carón río

Despois desta praia, hai unha pequena pendente ata chegar a debaixo da ponte da estrada nacional. Esta pendente e lixeiramente pronunciada e se non tes moita forza, precisarás colaboración de alguén.  

Baixo a ponte, o pavimento pasa a ser de madeira por uns metros e atópase en moi boas condicións. Pasaremos baixo das pontes da estrada nacional e do ferrocarril e, unha vez cruzamos ás pontes, volve a aparecer un camiño de terra prensada cunha pequena pendente en este caso descendente.  

Ao final desta, atoparemos un novo cartaz con información sobre as pontes.  Boas vistas

Uns metros despois, atoparase ante nos a Illa Medal, unha pequena insua que recibe actualmente o nome do seu último propietario, Antonio Medal, pintor e ceramista que lle deu á illa o seu aspecto actual.  Illa Medal

A ruta prosigue en dirección a Pontesampaio, coa súa famosa ponte sempre ao fondo. Atopamos un novo panel que nos fala sobre a batalla de Pontesampaio, a súa arquitectura e sobre ó camiño de Santiago.  panel da batalla de portocesures

Atopamos no camiño un campo de petanca, nun espazo no que atopamos unha fonte, bancos nos que descansar e zona para poder aparcar. Para nós foi ó punto de recollida da xente que estaba cansa, os demais fixemos ida e volta. 

Antes de irnos, rematamos a nosa ruta uns metros mais adiante.  

A ruta remata cruzando unha pequena pasarela, e tras camiñar uns metros,  chegamos a unha escultura de Bernardo Seoane: O camiño das estrelas. Atopámonos xusto a carón da Ponte e a ruta prosigue subindo unhas escaleiras que levan ao pobo. Non existe unha versión accesible de esta subida, así que unha vez alcanzado este punto, deberás dar a volta.  final da ruta

Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Espero que vos resulte útil.

 



Colaboradores