
07 Nov Ruta accesible Portecelo: Explanada do Horizonte – Punta Bazar
A ruta que vos propoñemos este mes atópase no concello de O Rosal. Trátase de unha ruta lineal, que percorre o camiño de Santiago en dirección contraria dende a “Explanada do horizonte”, ata o Miradoiro da Punta Bazar. Esta Ruta é facilmente extensible en lonxitude, puidendo continuar despois polo camiño de santiago ata o Miradoiro das Lourenzas (case 3 km mais).
Calificámolo de dificultade media, debido a costa final, e un cruce entre estradas nos que se precisa axuda. Se evitas a última costa, sen chegar a punta bazar, a ruta pasa a ser mais doada.
Realizámola un grupo de persoas usuarias de: cadeira eléctrica, cadeira manual, andador, ou outras dificultades na marcha que requiren paradas frecuentes para descansar.
Iniciamos a nosa ruta na explanada do horizonte. Trátase dun espazo, de esparcemento con zonas para desfrutar das vistas do Océano Atlántico, que foi recuperado no ano 2020, despois de que nos anos 70 se destruíra o espazo orixinal con escombros e formigón.
O espazo está formado por diversas terrazas, con diferentes funcións (parque, miradoiro, cafetería…) Obra da arquitecta María Fandiño, foi gañadora do premio Gran Área 2020-2021, e do Premio ARQUITECTURA 20-21, na categoría de Sostibilidade e Saúde.
Na actualidade conta con aseos, un de eles adaptado, e un bar.
Existe unha pequena zona de aparcamento ao lado da explanada. Non conta con prazas reservadas a persoas con Mobilidade reducida. Os fins de semana acostuma estar un pouco concorrida.
Tamén conta frente a este aparcamento cunha zona de mesas para realizar PICNIC. O terreo e de terra e herba, pero non presenta grandes dificultades de acceso.
O horario do Bar (que debes ter en conta se queres poder empregar o aseo adaptado, é na actualidade de 9 a 17:00 xa que está destinado sobre todo a atención de Peregrinos. Pero suxerímoste que revises o horario antes de ir.
Sen dúbida, recomendamos que destines un rato antes ou despois da ruta a desfrutar de este espazo e as súas vistas.
Despois de desfrutar da explanada do horizonte, iniciamos a nosa ruta polo camiño de Santiago. Durante todo o camiño atoparás as súas indicacións, pero ten en conta que o teremos en sentido contrario. Deixamos unha foto da entrada pola que debes coller (foto A).
Durante o primeiro tramo o pavimento será de asfalto. Atópase en boas condicións e non presenta ningunha dificultade. Poderás desfrutar de vistas da costa, pequenas decoracións do camiño, e probablemente te atoparás con numerosas persoas realizando o camiño de Santiago pola Costa.
A continuación o camiño deixa de ser de asfalto para iniciar unha zona de terra prensada.
Como adoita acontecer en tódalas zonas con este tipo de chan, as choivas van creando algúns desperfectos no camiño, aparecendo fochancas e outras imperfeccións, pero cando nos realizamos a ruta non nos causou ningunha dificultade.
Atopamos no camiño un panel informativo que nos chamou a atención xa que coa súa forma representaba a orografía do terreo. Ademais, empregaron distintas figuras para representar diferentes chans, o que aporta información a nivel táctil.
Algo mais a diante, atopamos un dos puntos mais complicados da ruta, xa que se cruza o camiño con unha pequena estrada de asfalto. Trátase de un cruce con importantes desniveis, e unha zona de pedra difícil de cruzar sen axuda. Ás persoas que empregan cadeira eléctrica, recomendámosvos que crucedes pola zona mais alta do camiño de bloques, xa que a cadeira esvara menos.
Continuamos o camiño por zonas mais sombreadas grazas a flora autóctona, que chega a facer un efecto de túnel sobre o camiño .
Chegamos ao limite do Concello de O Rosal, onde atopamos uns bancos que fan as veces de miradoiro. As cadeiras de rodas, acceden a este lugar con moita dificultade. Sen embargo, dende a seguinte pista, uns metros mais adiante, poderás desfrutar sen problema das mesmas vistas.
Se non queres complicarte este pode ser o final da ruta.
Se te atreves a subir unha boa costa, podes continuar ata a punta Bazar.
A zona de terra prensada finaliza cun cambio de pavimento un pouco brusco como se observa na foto, o que se complica ademais por atoparse nunha zona de pendente.
Unha vez superada, se te dirixes a dereita, poderás desfrutar das vistas do mar sen tanta dificultade como dende os bancos anteriores. Se te dirixes a dereita, poderás acceder ao último tramo da nosa ruta, en dirección a Punta bazar, con unha subida bastante pronunciada que nos leva ata a estrada xeral.
O último tramo da ruta, realizase por un camiño de formigón, preparado para empregar camiñantes e bicicletas e que se atopa en moi bo estado.
Uns metros mais adiante, chegaredes a un miradoiro. Nos rematamos a ruta en este punto, xa que é un bo lugar para que nos recollesen os furgóns.
Como vos comentamos ao inicio, a ruta pódese alargar ata un mirador case 3 Km mais. O camiño relízase todo pola pista paralela a estrada que se dirixe a a Guarda.
Esta é a ruta accesible que fixemos dende Wikiloc. Esperamos que vos resulte útil.
















