¿¿QUÉ É SEN ATRANCOS??

grupo de accesibilidade

¿¿QUÉ É SEN ATRANCOS??

Somos un grupo de persoas que forman parte da Asociación Vontade, aos que os venres lles gusta pasear.

Nos nosos paseos somos conscientes das numerosas dificultades que aparecen, todos eses atrancos que sortear, por iso, queremos aproveitar a nosa experiencia como paseantes e compartir con vos rutas accesibles.

Antes de comezar queremos aclarar que non somos técnicos de accesibilidade, non saímos pasear con metro nivel, somos persoas con distintas realidades que falamos dende a nosa propia experiencia.

Intentaremos publicar de forma regular rutas ou espazos accesibles, falándovos da nosa experiencia en eses lugares.

Intentaremos publicar as rutas tanto no blog SEN ATRANCOS que se atopa dentro da páxina da Asociación Vontade, como na plataforma Wikiloc.

En tódalas nosas publicacións, explicamos ao inicio as características do grupo co que probamos a ruta, así como as distancias, se hai zonas de descanso ou aseos adaptados e se a ruta nos resultou ou non sinxela de realizar.

Esperamos que o desfrutedes!

grupo de accesibilidade



Colaboradores