Arranca Sen atrancos, o noso blog sobre rutas accesibles

grupo de accesibilidade

Arranca Sen atrancos, o noso blog sobre rutas accesibles

Sen atrancos é un proxecto que se leva a cabo dende o grupo de persoas usuarias do centro de día de Vontade con axuda do servizo de Terapia Ocupacioanal.

Nas saídas de ocio que realizamos os venres, somos conscientes das numerosas dificultades que aparecen, todos eses atrancos que sortear, por iso, quixemos aproveitar a nosa experiencia como paseantes e compartir as nosas experiencias coas demais persoas.

Pretendemos compartir con todo o mundo as nosas experiencias nun apartado propio SEN ATRANCOS  dentro de esta páxina web e tamen publicamos as nosas rutas na plataforma  Wikiloc.

 Acompañádesnos?

grupo de accesibilidade



Colaboradores