
16 Oct Servizo de piscina
En Vontade puxemos en marcha un novo servizo de piscina para os socios e usuarios, que se levará a cabo nas instalacións da Piscina Municipal de Valença en Portugal unha vez a semana.
É ben sabido que a natación é unha das mellores maneiras de facer deporte, rehabilitación e mantemento das nosas capacidades motoras, dunha maneira amena, fácil e divertida. A auga é un medio ideal para traballar coordinación, equilibro e forza. Sen esquecer un dos beneficios importantes, a diminución da espasticidade que soen sufrir moitos dos usuarios.
As clases terán unha duración aproximada de 45 minutos, estando en todo momento supervisados polo fisioterapeuta e a terapeuta ocupacional do centro, ademais do monitor da piscina. Este servizo terá un custo de 5€/mes para os socios, partindo dende o centro todos os Martes a redor das 10:30, estando de volta a hora de xantar.
Se precisades mais información, non dubidedes de pórvos en contacto con nos. Esta é unha das actividades que mais beneficios vos pode reportar.