
10 Abr Taller de estimulación cognitiva
En Vontade estamos orgullosos de contar co Taller de Estimulación cognitiva dirixido por Noelia, a nosa educadora social, que pretende lograr a maior integración en sociedade das persoas que se atopan en risco de exclusión ou con dificultades a hora de facelo.
Baseándonos na importancia da educación permanente (aprender o longo da vida), e partindo das capacidades que cada un aporta na aprendizaxe dos demais, pretendese potenciar aquelas capacidades cognitivas que fomenten a autonomía persoal e a capacidade de desenvolvemento nas facetas da vida diaria.
Para elo trabállanse os distintos aspectos cognitivos que entran en xogo día a día e que inflúen na relación co entorno, tales como a orientación espazo temporal, linguaxe, expresión, memoria a longo e curto prazo, atención, cálculo matemático, estimulación sensorial e moito mais.
Abordando os ámbitos dende unha metodoloxía dinámica na que todos participan, adaptada as necesidades particulares de cada usuario, nas cales son os protagonistas, buscando o benestar psicolóxico e a mellora da auto estima.