Taller Familias Máis Preto de ti

taller de familias

Taller Familias Máis Preto de ti

As xuntanzas para familias xorden coa intención de crear un espazo de comunicación para as persoas que cmplen o rol de persoa coidadora de persoas adultas.

Nestas xuntanzas, un profesional do propio centro dirixe a sesión e os temas a tratar durante as mesmas.

Coas sesión presenciais que se levan a cabo de xeito mensual o último xoves do mes (en horario de 16-17 horas) e que son de carácter gratuito, preténdese plantexar entre os propios coidadores un espazo ao que poder trasladar as súas dúbidas e estratexias nos coidados e manexo do/a familiar en situación de dependencia.

A través da difusión grupal das vivenzas e experiencias dende o seu rol de persoa coidadora, buscamos abordar e afrontar a esfera cotiá dende un punto de vista experiencial que englobe tódalas áreas do día a día

Se queredes máis información poñédevos en contacto:

info@vontade.org

986623044

taller de familias



Colaboradores