
17 Xul O bo comer
Posted at 18:22h in Novas
O taller sobre disfaxia “O bó comer”, ten coma obxectivo informar ás persoas con disfaxia, ou a familiares e persoas coidadoras de persoas con este tipo de dificultades, sobre a eficacia e seguridade na inxesta, así como orientar e canto á adaptación das texturas na dieta, de forma que poidamos conseguir unha nutrición mais segura e pracenteira.
Realizarase o día 29 de xullo de 10:00 a 12:30.
Ofrecerase unha parte teórica e unha parte práctica na que se traballará elaborando diferentes texturas.
Está dirixido a persoas con disfaxia ou familiares e coidadores/as destas.
Será gratuito para todas as persoas socias de Vontade, e terá un custo de 10€ para persoas non socias.










